O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular Javier Vázquez sinala que o goberno local podería entregar os ordenadores propiedade do Concello que se atopen sen uso e os que se retiraron na última renovación de equipos informáticos para facilitar o acceso aos contidos educativos a aqueles estudantes que, por diversas razóns, non poden acceder aos mesmos

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Javier Vázquez, propón ao goberno local a cesión de ordenadores sen uso que sexan de propiedade municipal para que aquelas familias con menos recursos teñan a opción de acceder a todos os contidos que os centros educativos están a distribuír diariamente ao alumnado para poder seguir o curso escolar.

Javier Vázquez sinala que para este fin poderían empregarse todos aqueles ordenadores que o Concello de Lugo non use neste momento e tamén aqueles que se retiraron das dependencias municipais na última renovación de equipos informáticos. Deste xeito, o Concello de Lugo podería facer moito máis sinxelo o desenvolvemento do curso escolar de xeito telemático a todos aqueles alumnos que por diversas razóns non teñen acceso a este tipo de contidos desde as súas casas.

O concelleiro popular engade que o goberno local podería estudar a posibilidade de acordar con algunha operadora de telecomunicacións a posibilidade de ofrecer conectividade gratuíta con estes equipos informáticos, algo para o que hai diversos medios, como poden ser conexións USB, entre outros. Aínda que o popular engade que se podería estudar cantos destes nenos dispoñen de equipos, pero non de conexións a internet, para facilitarlles unicamente a conectividade.

Javier Vázquez sinala que de levar a cabo esta iniciativa, seguramente o goberno local axudaría a moitas familias que o precisan e se complementaría a iniciativa desenvolta pola Xunta de Galicia, que entregou ordenadores con acceso a internet gratuíto a familias con poucos recursos para que os nenos e nenas puideran acceder aos contidos que diariamente deseña o profesorado dos centros educativos.

Leave a Reply

12 + 13 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies