ObrasUrbanismo

O PP pide ao bigoberno servizos dignos aos veciños de Castro Gil e que resolva dunha vez a titularidade das vías

By 11 Novembro, 2019Novembro 13th, 2019Sin comentarios

O concelleiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide denuncia que mentres nacionalistas e socialistas non se poñen de acordo na cesión dos terreos, os veciños desta zona seguen a vivir no limbo xa que lles cobran determinados tributos municipais, pese a que dende o bigoberno aseguran que se trata de vías privadas

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, pide ao bigoberno municipal que deixe de enganar aos veciños de Castro Gil, xa que mentres unha parta do bigoberno lles di que van a aceptar a cesión das rúas, a outra parte pon escusas de toda índole, a pesar de que acepta realizar obras de arranxo nunha vía que cualifican de privada.

Antonio Ameijide pide tanto a socialistas como nacionalistas que “deixen o teatro a un lado” e se poñan a traballar conxuntamente para que o Concello de Lugo asuma a titularidade destas vías e así poder dar aos veciños de Castro Gil o trato que merecen. “Non pode ser que as rúas desta zona estean no estado que se atopan. Estes veciños merecen un trato de primeira”, afirmou.

O concelleiro popular recorda que esta mañá nos achegamos ata esta zona da cidade e comprobamos como o Concello de Lugo está a realizar obras de arranxo nesta zona, a pesar de que insisten “unha e outra vez que é privada”. Por iso, o popular insiste en que o bigoberno “deixe dunha vez o teatro e o engano” e dea a estes veciños o trato e servizos que merecen.

Ameijide recorda que a pesar de que os socialistas levan demasiados anos afirmando que non poden facer nada nesta zona porque se trata de vías privadas, pero si que cobran o Ibi destas vivendas e prestan servizos como a recollida do lixo.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies