O PP pide ao bigoberno que non racione os fondos de emerxencia social para axilizar pagos a persoas en situación límite

By 4 Xuño, 2020 Servizos sociais

A concelleira popular Carmen López Silva explica que “os 3.000 € mensuais dos que dispón cada traballador social para emerxencias resultan insuficientes” reclamando “unha fórmula que lles garanta liquidez para dar resposta á gran demanda social que se prevé como consecuencia da covid”

A concelleira popular Carmen López Silva pon en tea de xuizo o actual sistema deseñado polo bigoberno no que “se limita mensualmente a 3.000 euros os recursos dos que dispón cada traballador social para conceder as axudas de emerxencia social”. López Silva asegura que “non ten sentido esta contía fixa cando a demanda non é lineal, nin as casuísticas son iguais e, cando mesmo, cambian en función das zonas onde estén os centros sociais” engadindo que “hai traballadores sociais que atenden a 4.000 persoas mentres que, outros, teñen un cupo de 13.000 , e ambos disponen da mesma cantidade de 3.000 €/mes para atención de emerxencia social”.

Carmen López Silva insiste en que “este  racionamiento de cartos” en cuestión de emerxencia social está totalmente inxustificado, xa que “limita a acción destes traballadores e os deixa maniatados”. “O normal sería que os traballadores sociais puidesen dispoñer de fondos con certa liberdade para dar unha resposta axil e útil ao usuario” explicando que “ao non ter diñeiro líquido nas contas, en canto esgotan a caixa tardan semanas en repoñer fondos” lembrando os casos denunciados polo partido popular no que se chegaron a conceder cheques sen fondos.

A concelleira popular fae esta proposta logo de que, durante a pandemia o goberno local se comprometera a  quitar o límite a este gasto aos traballadores sociais, ainda que lamentablemente “na práctica non está a resultar un procecemento efectivo”. López Silva aclaraba que “para poder librar unha cantidade, como mínimo, se tarda unha semana en facer o  proceso administrativo, tendo que fiscalizar cada axuda de forma individual e pasarla por varios servizos municipais”. Os populares insisten en que o goberno local debería permitir que sexa o traballador o que valore e adopte a decisión nun plazo razoable para dárlle unha resposta real ao usuario. “Non comprendemos a desconfianza do goberno local cara aos traballadores sociais cando é o colectivo que mellor coñece as necesidades das persoas que necesitan que lles boten unha man porque están directamente en contacto con eles”.

Leave a Reply

3 × two =