O PP pide acceder a 13 edificios que os socialistas abandonaron cuxo valor patrimonial supera os 14,2M€

Os populares rexistran unha proposición para coñecer o estado real da colección de inmobles sen utilidade, propiedade do concello, lamentando que os socialistas leven tres anos “impedindonos sistemáticamete o acceso aos mesmos, e que en 20 anos en vez de buscar alternativas para reutilizalos os deixaran abandonar, desvalixar e caer”

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide asegura que o “tour turístico da vergoña do bipartito” debe ampliarse a todos os edificios municipais abandonados e sen uso que hai no municipio. Para o popular é necesario establecer un plan de aproveitamento daqueles inmobles que son recuperables “queremos que se faga un listado completo de edificios abandonados; determinar cales son recuperables e cales deben desmantelarse; consensuar usos futuros e cuantificar os custes da súa reapertura”.

Para Ameijide un punto de partida para arrancar este programa de reutilización de edificios propiedade do concello é realizar visitas aos mesmos lembrando que “o PSOE leva case tres anos impedindo o acceso aos concelleiros do PP que solicitaron visitar todas estas instalacións. Queremos coñecer de primeira man o estado real así como o potencial”.

O vicevoceiro dos populares explicou que o PSOE votou en contra en 2017 de permitir o acceso ao Grupo Popular a estes inmobles, incluído o cuartel de San Fernando “queren ocultar a súa inacción e o seu desprezo polo patrimonio municipal”.

Ameijide cuantificaba en 14.211.836,06 M€ o valor de nove inmobles que están deteriorados e sen uso como son: o cuartel de San Fernando (2.412.695,07 €), a fabrica luz (1.292.591,89 €), un edificio que albergou no seu día obradoiros e que podería destinarse a Museo a vella depuradora (2.386.923 €); a vella potabilizadora (1.279.876 €), que está na estrada de Ombreiro podría estar destinado a una escuela de pesca, un museo del agua…o vello matadoiro (935.623,01€); que se podería utilizar para diversos usos municipais (almacén, garaxe …) ou alugalo ou ben cedelo a entidades sociais escolas rurais de diferentes parroquias destacando a escola de Labio (13.709 €); a escola de Cabanas (271.440 €) e mesmo, os depósitos de Frigsa (110.196,78€) e a Piringalla, a paxareira do parque de Rosalía de Castro, as construcións do Campo da Feira de Nadela.

A proposta que elevará a pleno o Grupo Popular é crear unha mesa de traballo, con representación dos grupos da corporación e técnicos, para elaborar unha proposta conxunta co ánimo de recuperar e poñer en valor todos estos edificios, que son de titulariedade municipal, e que na actualidade están sen uso.

Ameijide resumía que “hai algúns inmobles que poden ser irrecuperables como a vella depuradora, que está desvalixada e se converteu nunha zona perigosa, polo que habería que plantexarse descontaminar a zona tal e como se fixo na vella residencia”; noutros casos como a potabilizadora teñen un potencial valioso para actividades deportivas ou de ocio. Os vellos depósitos ou a nave do matadorio son construcións aproveitables e moi versátiles cun mínimo acondicionamento.

Para o Antonio Ameijide “o abandono e o saqueo non é unha opción para estes edificios públicos” manifestando que “hai que deseñar unha folla de ruta e incorporar estas propiedades ao deseño do futuro de Lugo”.

Responder

thirteen + nineteen =