InfraestruturasTráfico

O PP pide a substitución dos bolardos do paseo de Ombreiro por outros que cumpran coa normativa para evitar novos accidentes

By 16 Abril, 2019Maio 8th, 2019Sin comentarios

O concelleiro do Grupo Municipal do PP Ángel Trabada explica que o cambio dos bolardos é unha medida imprescindible para mellorar a seguridade neste paseo empregado polos lucenses para pasear e facer deporte, unha ruta que comparten co tráfico rodado

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ángel Trabada, pide á Deputación Provincial a substitución dos bloques de formigón que hai do paseo de Ombreiro nos que hai uns días se produciu un accidente.

O popular explica que se trata de elementos moi perigosos para os usuarios da vía xa que moitos se atopan moi deteriorados e presentan, incluso, pezas de ferro á vista, o que os fai aínda máis perigosos ante posibles caídas, sen esquecer as aristas que teñen, un conxunto de características que “nos fai dubidar da súa legalidade”.

Ángel Trabada pide ao organismo provincial, titular da vía, que os cambie por outros que cumpran coa normativa vixente, xa que “temos moitas dúbidas” de que os actuais cumpran coa normativa xa que carecen, por exemplo, de elementos reflectantes.

Para o concelleiro popular se trata dunha medida que se tería que acometer de inmediato para garantir a seguridade nunha zona que comparten vehículos, peóns e ciclistas, polo que “é preciso extremar todas as medidas de seguridade” para non ter que lamentar accidentes como o que sucedeu hai poucos días.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies