Urbanismo

O PP pide a intervención urxente das tramitacións urbanísticas no Concello, para garantir o futuro de obras, profesionais e emprendedores

By 26 Abril, 2020Abril 29th, 2020Sin comentarios

Os populares temen que a crise do covid 19 poida paralizar ainda máis o sector da construción no municipio xa que “se o colapso na resolución de licenzas de obras era algo habitual no concello sospeitamos, que co coronavirus, se poida agravar ainda máis esta demora, a pesar do esforzo que os traballadores municipais están levando a cabo tramitando licenzas dende as súas casas”

O Partido Popular solicita ao responsable de urbanismo que busque alternativas, para protexer ao sector da construción, dando solucións “dende as obras menores aos expedientes de urbanismo, pendentes de informe, que están sen dixitalizar para que se tramiten e non queden gardados en caixóns mentres dura esta crise”.

O popular Antonio Ameijide lembrou que “lamentablemente, no concello de Lugo, o colapso na resolución de licenzas de obras era algo habitual xa antes da pandemia polo que tememos, que coa crise do coronavirus, senón se toman medidas, se agrave aínda máis esta demora”. O popular pide ao responsable de urbanismo que organice o traballo xa que os promotores, tanto particulares como empresas, non poden comezar as obras afectando ao traballo de moitos profesionais e mermando a actividade económica local”.

O popular tamén reclama que se podan facer consultas telemáticas dos expedentes mentres non se recupere o traballo presencial neste departamento.

Os populares tamén solicitan que se informe aos cidadáns, a través da web municipal e dos colexios profesionais, de como poden resolver trámites presenciais que son necesarios para obras menores en edificios non habitados, peches parcelas, ordes de execución en edificios abandonados … Antonio Ameijide explicaba que “o goberno local debe articular un sistema para que se poida facer esta tramitación, de forma integral, vía telemática dotando aos funcionarios de plataformas dixitais adecuadas”. Para os populares “non é de recibo que se pidan requisitos que neste momento non se poden cumprir” engadindo que “tendo en conta que é posible que se amplíe o teletraballo durante meses, o concello de Lugo ten que poñerse en marcha e solucionar este problema canto antes”.

O popular tamén manifestou que se queremos avanzar, para garantir o futuro do sector da construción e da cidade, debemos traballar para que as tramitacións non paren e xestionar o máximo número de licenzas durante o confinamento, mesmo buscar un xeito de tramitar as que non se rexistraron en formato dixital no seu día. Ameijide suxería a posibilidade de “contratando se é preciso a dixitalización das mesmas ou buscando alternativas seguras para os traballadores municipais”.

Outro dos problemas que se están atopando nos servizos municipais é a imposibilidade de tramitar notificacións aos interesados, xa que o servizo de notificadores está parado, e o concello de lugo carece de notificación telemática, ao igual que carece de rexistro telemático propio. Esta situación está paralizando numerosas tramitacións e comunicacións cos interesados, e destapando o absoluto abandono da dixitalización do concello. Como levamos anos denunciando dende o PP, o concello de Lugo está estancado no século pasado. Neste momento non hai notificadores, e ao non ter administración electrónica non se pode comunicar se hai que facer cambios nos proxectos ou outros aspectos.

Antonio Ameijide reflexionaba que esta situación é consecuencia “da desorganización e da desidia do goberno local que en dúas décadas foi incapaz de implementar un mínimo sistema de administración electrónica e o que temos agora é unha chapuza”.

O vicevoceiro popular indicou que no caso de urbanismo ao non ter un rexistro electrónico, como o que utilizan dende hai anos concellos da contorna como Vilalba, se coarta a posibilidad de rexistrar documentación sen moverse de casa”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies