O vicevoceiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide critica que tanto Lara Méndez como Rubén Arroxo sigan a amparar a extorsión diaria que os gorrillas realizan a centos de lucenses nunha parcela municipal, polo que insta a que poñan cámaras de vixilancia neste aparcadoiro, ao igual que están instaladas nos aparcamentos soterrados da cidade

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, pide a Lara Méndez a colocación de cámaras de vixilancia no leirapárking, máis presenza policial e a creación dunha ordenanza de civismo para dotar de ferramentas legais á policía, para poñer coto á extorsión diaria que os gorrillas realizan a centos de lucenses que van ao Hula, xa sexa a traballar ou por razóns médicas.

Antonio Ameijide recorda que nos últimos días vimos como se avivaron as críticas de cidadáns que ven neste aparcadoiro unha extensión da zona de actuación dos gorrillas, co beneplácito de Lara Méndez e Rubén Arroxo, que permiten que actúen impunemente nesta zona “extorsionando” a todos os lucenses que empregan esta parcela municipal para estacionar os seus vehículos. “Ata cando van a permitir esta situación a alcaldesa e o vicealcalde. Ata cando van a seguir amparando á xente que se salta a lei impunemente ameazando, agredindo e danando propiedades privadas”, preguntou.

Unha situación que tamén propiciou unha investigación por parte da Valedora do Pobo, ante a indefensión á que están sometidos os lucenses que sofren a extorsión diaria dos gorrillas no leirapárking do Hula, xa que son varios os lucenses que sufriron danos nos seus vehículos por no acceder ás chantaxes dos gorrillas.

Ante esta situación, Antonio Ameijide propón ao goberno local a instalación de cámaras de vixilancia para poñer freo a esta situación ou, polo menos, axudar á identificación daquelas persoas que tentan extorsionar aos lucenses polo simple feito de aparcar os seus vehículos nunha parcela municipal.

Para o vicevoceiro popular esta proposta non debería de supoñer ningún problema para o goberno local, a que outros aparcadoiros municipais, como os soterrados das Prazas do Ferrol, Constitución e Santo Domingo contan cos seus respectivos sistemas de videovixilancia.

Unha situación que se engade ao nefasto estado de mantemento no que se atopa o leirapárking, unha infraestrutura que dende a súa apertura en 2018 xa sufriu dúas intervencións para reparar as súas deficiencias. A primeira das obras, realizouna a propia empresa encargada da obra, xa que se atopaba en período de garantía, pero o segundo arranxo tivo que realizalo o propio goberno local no ano 2019, debido ao gran deterioro sufrido neste aparcadoiro, que provocou que pasase a ser denominado como “lamapárking”.

Leave a Reply

18 − 2 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies