InfraestruturasTransparencia

O PP pedirá que goberno local e Xunta impulsen a creación dun novo centro de saúde no Sagrado Corazón

By 19 Novembro, 2019Sin comentarios

O voceiro do Grupo Municipal do PP Ramón Carballo sinala que se pedirá no pleno que o goberno local colabore dentro das súas competencia coa construción dun novo centro de saúde para o Sagrado Corazón á vez que solicita á Xunta de Galicia o seu firme compromiso na construción desta infraestrutura

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ramón Carballo, anuncia que o seu grupo defenderá no vindeiro pleno a creación dun novo centro de saúde no barrio do Sagrado Corazón.

Para Ramón Carballo a renovación do actual centro de saúde do Sagrado Corazón debe ser “unha prioridade” para o bigoberno de Lugo “primeiro, se debería valorar se as instalacións do actual colexio do barrio se poderían empregar para albergar esta dotación”. O popular razoa que “se as instalacións do actual colexio son aptas para destinar algún dos edificios existentes como emprazamento do novo centro de saúde xa teríamos unha localización magnífica no núcleo do barrio” indicando que “en caso de que o informe sexa negativo, o Concello de Lugo debería poñer a disposición da Xunta os terreos precisos, nun entorno próximo, para a construción dun moderno centro sanitario”, explicou.

Por outra parte, os populares recrimínanlle á alcaldesa, que dende o ano 2016 (data na que hai un acordo de pleno a instancias do PP), non dese absolutamente ningún paso, para iniciar as xestións cos propietarios do colexio e da gardaría do Sagrado Corazón para que estos inmobles en canto queden balerios pasen a ser de titularidade municipal”.

Ante esta situación, o voceiro popular reitera a necesidade de iniciar estas xestións co titular dos terreos (Abanca) xa que as instalacións actuais quedarán en desuso unha vez abra as súas portas o novo colexio do Sagrado Corazón, apertura prevista para o vindeiro curso 2020-2021. Por iso, urxe que o bigoberno inicie de inmediato as conversas necesarias para que estas instalacións pasen a ser de titularidade municipal e se destinen para equipamentos para este barrio lucense.

Neste senso, os populares tamén solicitarán na súa proposta que o Concello de Lugo colabore na tramitación que lle corresponda para a construción do centro de saúde do Sagrado Corazón.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies