ProposiciónSeguridade

O PP pedirá o apoio do pleno para que o Concello inste ao Goberno a manter a sala do 091 en Lugo

By 11 Febreiro, 2020Sin comentarios

O voceiro do Grupo Municipal do PP Ramón Carballo destaca a necesidade de manter a sala do 091 na comisaría lucense porque se trata dun servizo moi próximo ao cidadán e é o órgano de coordinación operativa que recibe os avisos e distribúe os efectivos policiais, polo que é indispensable que os axentes teñan un nivel de coñecemento moi amplo de toda a cidade

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ramón Carballo, sinala que o seu grupo defenderá no vindeiro pleno que o Concello de Lugo inste ao Congreso dos Deputados o mantemento da salas do 091 da Policía Nacional na Comisaria de Lugo ademais de aumentar os medios humanos e materiais cos que conta dita comisaria.

Ramón Carballo explica que na actualidade a comisaria de Lugo conta con sala do 091, cun funcionamento 24 horas ao día os 365 días do ano, que atende aos case 100.000 veciños de Lugo. Estas sala é o órgano de coordinación operativa por excelencia, como servizo máis próximo ao veciño, que recibe os avisos dos cidadáns e distribúe os efectivos policiais. Ademais están dotadas de avanzados equipos de comunicacións e medios técnicos para afrontar con eficacia as situacións de emerxencia.

Na área de telefonía, os axentes atenden as chamadas, recollen os datos precisos e activan de forma telemática os recursos necesarios para resolver a incidencia e o tempo medio de espera das persoas que solicitan o auxilio policial a través do 091 ata que a súa chamada é atendida sitúase ao redor dos 6 segundos.

O voceiro popular sinala que os operadores da sala do 091 son os responsables de  comisionar os servizos e requirimentos operativos ás unidades e dotacións en servizo. Tamén centralizan e dan resposta ás peticións e consultas ás bases de datos de interese policial solicitadas polos axentes en servizo e transmiten as instrucións oportunas relativas ao cumprimento das normas de aplicación das ordes xudiciais de afastamento e protección das vítimas de violencia de xénero. Ademais, desde este centro de operacións asúmese a coordinación operativa en caso de situacións de risco inmediato, emerxencias e dispositivos especiais.

Ramón Carballo explica que, segundo sinalan os sindicatos policiais, a intención do Goberno de trasladar á Coruña a sala do 091 de Lugo provocaría unha mingua importante no movemento e eficacia deste servizo, prexudicando a seguridade en Lugo. “Se trasladan a sala do 091 a outra cidade, os axentes que reciban a chamada de aviso dun lucense non terán o mesmo nivel de coñecemento que teñen os axentes da zona de influencia, sendo este un servizo que require coñecemento de proximidade para que o tempo de reacción sexa o máis rápido posible, cun nivel de coñecemento case exacto de cada recuncho da cidade”, detallou.

Ademais, Ramón Carballo recorda un dato que non é menor, como que a comisarías da Policía Nacional de Lugo conta cun déficit de 41 axentes o cal fai necesario e urxente cubrir o total das prazas dispoñibles para garantir e mellorar a seguridade dos lucenses.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies