O PP pedirá o apoio do pleno para instar a Fomento a arranxar e dotar de servizos a N-540 en Calde

By 26 Xaneiro, 2019 Tráfico, Zona rural

O concelleiro do Grupo Municipal do PP Manuel López afirma que este treito da N-540, en Calde á altura do núcleo de Penelas, precisa dun “acondicionamento inmediato” xa que, na actualidade, o estado da estrada “é moi malo, chegando a dificultar a circulación dos vehículos”

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Manuel López, defenderá ante o pleno unha proposición para que o Concello de Lugo inste ao Ministerio de Fomento a iniciar os trámites necesarios para asfaltar en quente e dotar de servizos públicos o treito da antiga N-540 ao seu paso pola parroquia de Calde.

Manuel López explica que esta é treito da antiga N-540 que transcorre pola parroquia de Calde, á altura do núcleo de Penelas, precisa dun “acondicionamento inmediato”, xa que na actualidade o estado da estrada, que ten aproximadamente unha lonxitude dun quilómetro, está en moi mal estado, “dificultando a circulación dos vehículos”, co conseguinte risco que iso supón en materia de seguridade viaria, ademais se debe facer unha humanización da zona con beirarrúas, canalizacións para o alumeado ou telefonía, áreas de ocio con zonas verdes e bancos para o disfrute dos veciños.

Para o popular cómpre ter presente que esta estrada é unha das poucas travesías que é titularidade estatal. É unha vía que dá servizo aos veciños de Calde “especialmente para ir á igrexa, ao local social, Curral de Arriba, Curral de Abaixo e A Pena, así como as parroquias veciñas como O Burgo, San Xoán do Alto ou Poutomillos”.

Por outra banda, Manuel López explica que nas inmediacións da estrada, xa hai pistas que están asfaltadas en quente, polo que esta intervención é necesaria para mellorar as comunicacións desta parte da zona rural, onde hai numerosos veciños que todos os días fan uso da mesma.

Ademais, o concelleiro popular defende que, unha vez rematada a obra de acondicionamento, “sexa o Concello de Lugo o que asuma a titularidade deste tramo” xa que esta vía discurre case na súa totalidade por un núcleo rural, concretamento polo núcleo de Penelas, o cal sendo unha estrada nacional dificulta o desenvolvemento deste núcleo, xa que hai maiores restriccións á hora de realizar calquer actuación, como poder o peche dunha finca ou a construcción dunha vivenda, sendo por tanto, unha rémora para o desenvolvemento urbanístico deste núcleo.

Responder

2 × 4 =