O PP pedirá ao goberno local que dea o seu apoio á Vía Künig para que sexa recoñecida como un Camiño máis de peregrinaxe a Santiago

By 17 Febreiro, 2020 Cultura, Turismo

O voceiro do Grupo Municipal do PP Ramón Carballo explica que o Concello de Lugo é o único que aínda non sinalizou este camiño ao paso polo seu terreo municipal, polo que é preciso que o goberno local o sinalice e se una a esta iniciativa, algo para o que a corporación podería realizar o vindeiro 1 de marzo a etapa entre O Corgo e Lugo para dar un apoio explícito á Vía Künig

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ramón Carballo, pedirá ao pleno que o Concello de Lugo apoie o recoñecemento da Vía Künig e a corporación se sume á cuarta etapa deste camiño que se realizará o vindeiro 1 de marzo entre os concellos de O Corgo e Lugo para darlle a importancia que merece.

Ramón Carballo explica que a iniciativa para dar apoio a esta vía parte da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da Provincia de Lugo en colaboración cos concellos polos que discorre este camiño (Pedrafita, As Nogais, Becerreá, Baralla, O Corgo e Lugo) e a Asociación Cultural Vía Künig e a Asociación Pegadas do Künig, polo que se remitirá un rogo ao pleno para que o Concello de Lugo tamén apoie esta iniciativa xa que Lugo será un dos concellos máis beneficiados se finalmente se recoñece a Vía Künig como un camiño máis de peregrinaxe ata Santiago de Compostela.

O voceiro popular destaca o esforzo que están a facer diversas asociacións e entidades públicas para acadar que a Vía Künig sexa recoñecida como un novo camiño de peregrinaxe ata Santiago de Compostela, que uniría o seu percorrido ao Camiño Primitivo ao seu paso por Lugo, de ahí a importancia de que o Concello de Lugo dea o seu apoio a esta iniciativa, xa que ademais o concello lucense é o único que ten o percorrido sen sinalizar.

Desde o Grupo Municipal do Partido Popular se está a apoiar esta proposta, polo que o propio voceiro municipal popular e varios concelleiros están a realizar o percorrida das diferentes etapas, camiñatas nas que tamén participan os rexedores de As Nogais, Baralla e O Corgo, ademais de centos de lucenses que, xunto coa Asociación de Amigos do Camiño, están a dar o primeiro gran empurrón a esta iniciativa para acadar o seu recoñecemento.

Ademais, a Vía Künig está a recibir apoios desde outras frontes, como foi o sábado durante o pregón da Feira de Entroida de Nadela, onde o pregoeiro Javier Vila, coordinador da investigación sobre este camiño, recordou a importancia desta vía, unha variante medieval do Camiño Francés, unha cita na que tamén estivo presente o primeiro peregrino da Vía Künig.

Responder

three × one =