O PP leva a pleno a contratación de Def Con Dos que considera unha provocación do BNG avalada polo PSOE

By 16 Xullo, 2019 Cultura

O Grupo popular presentará unha proposición a pleno para que o PSOE e Méndez se posicionen a favor ou en contra de gastar diñeiro público en pagar actuacións a unha agrupación cuxo cantante foi condeado por enaltecemento ao terrorismo e tamén, se está a favor ou en contra, de pagar autobuses para asistir dende Madrid a este evento.

Ramón Carballo asegurou que “moito nos tememos que ou Lara Méndez é cómplice desta provocación faltando ao respecto aos cidadáns ou ben, a alcaldesa e o PSOE se deixan someter á imposición do seu socio de goberno deixandolle facer ao BNG o que lle quere na área de cultura”.

O popular manifestou que “parécenos unha tomadura de pelo que o BNG se aferre á liberdade de expresión para xustificar esta contratación cando estamos falando dun cantante condeado polo Tribunal Supremo”. Carballo explicou que “dende o minuto un o BNG politizou unhas festas que deberían ser de todos” aclarando que “moito nos tememos que esta será a tónica das futuras patronais de Lugo co visto bo do PSOE”.

Responder

3 + 10 =