O Grupo Popular defenderá no pleno ordinario de decembro unha iniciativa para solucionar os problemas urbanísticos que impiden o desenvolvemento do barrio do Carme co ánimo de que “veciños, iniciativa privada e administración recuperen esta zona para gañar novas dotacións e espazos públicos de disfrute e reclamo para turistas”

O Grupo Popular presentará unha iniciativa a pleno para dar un pulo, dende o punto de vista urbanístico e social, ao barrio do Carme impulsando o seu Plan Especial de Reforma Interior (PERI 6). Para o vicevoceiro popular é preciso abordar este trámite con celeridade xa que “suporía dar un paso máis aos proxectos que vén de anunciar a alcaldesa no marco do Edusi na zona”. Ameijide recoñecía que “sendo moi interesantes, resultan, a todas luces, insuficientes porque non deixan de ser un lavado de cara superficial”. Antonio Ameijide explica que “o bigoberno debe ser máis ambicioso e solucionar, dunha vez por todas, os problemas urbanísticos deste barrio por onde pasa o Camiño Primitivo e que está situado a escasos metros do casco histórico.

“Hai que desenvolver o plan especial para crear bolsas de solo que transformen esta zona, que agora está degradada, nun espacio para o disfrute dos ciudadáns e  que sirva de reclamo para os turistas que visiten Lugo ou que fagan o percorrido do Camiño Primitivo, Calzada Romana ou achádegos arqueolóxicos  que poidan atoparse neste trazado”

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide puntualizou que “nestes últimos oanos houbo desidia, por parte dos gobernos socialistas,  para rexenerar este barrio” lembrando como “no PXOM, que se aprobou en 2012, se marcaba un prazo de dous anos para desenvolver este documento”. “Pasaron oito anos dende ese momento e nada se fixo, a consecuencia é que nin veciños, nin propietarios poden investir en mellorar o barrio”, matizaron.

Ameijide considera que “xa imos tarde, e pide que Méndez e Arroxo presten unha maior atención á recuperación desta zona impulsando bolsas de solo e que se busquen consensos de inversores privados, veciños e administracións para desenvolver o barrio do Carmen” matizando que este desenvolvemento “permitirá gañar novas dotacións e espazos públicos para os lucenses”.

Os populares, que se entrevistaron en diferentes ocasións cos veciños do barrio,  explican que hai malestar porque “as intervencións do goberno se quedan no máis superficial. “Os proxectos que se queren acometer non solucionan o desenvolvemento do barrio, nin tampouco dan saída a súa conexión co centro” explicou o edil popular.

Por útlimo Ameijide insiste en que hai que acabar  co abandono histórico dun barrio que linda co centro da cidade e por onde discurre o Camiño Primitivo e a Calzada Romana cuxa imaxe actual é dunha total deixaded “con mugre, edificios deteriorados, deshabitados e con okupas e onde, tamén, se localizan zonas de botellóns”.

Leave a Reply

two × five =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies