O PP insta ao bigoberno a asfaltar o cruce entre Ramiro Rueda e Otero Pedrayo para evitar novas caídas de peóns

By 15 Febreiro, 2020 Obras, Urbanismo

O Grupo Municipal do Partido Popular sinala que os veciños da zona levan meses pedindo unha solución xa que xa se produciron varias caídas de persoas ao tropezar cos baches mentres cruzaban a rúa

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo denuncian o estado que presenta o cruce que une as rúas Ramiro Rueda e Otero Pedrayo, xa que o paso de peóns que hai entre ambas presenta un estado lamentable “dende hai moitos meses”.

Os populares explican que os veciños da zona xa efectuaron varias peticións ao concello para que se arranxe este paso de peóns, xa que ademais de ser un problema para os condutores xa se deron varias caídas de peóns debido a tropezóns ocasionados polos baches. Por iso, os populares presentarán un rogo en comisión para que o bigoberno arranxe no menor tempo posible este problema e así dar solución aos problemas dos veciños.

Dende o Grupo Municipal Popular tamén se critica o deixamento de Rubén Arroxo e Alexandre Penas, xa que mentres pretenden implantar un novo plan de tráfico no barrio da Milagrosa e no barrio Feijoo non son capaces de “percorrer primeiro” as rúas destes barrios para comprobar as necesidades existentes e solucionar problemas como o denunciado polos populares.

Responder

twelve − 1 =