O PP incide en que a Casa da Muller leva máis de medio mes baixo mínimos de persoal

By 11 Xullo, 2019 Servizos sociais

A concelleira popular María del Carmen López Silva pediu hoxe ao bipartito que “ocupe de forma inmediata os postos de traballo que están sen cubrir na Casa da Muller para garantir a atención social, xurídica e clínica habitual que se presta neste servizo municipal e, tamén, reclama que se reanude a atención e acollida en pisos en casos de violencia de xénero, pertencentes á Rede Galega de Acollemento”.

A popular fixo estas declaracións tras visitar as dependencias deste servizo dentro da programación que o Grupo Popular está a realizar para coñecer todos os departamentos do Concello.

 Os populares desvelaron que a Casa da Muller de Lugo leva 17 días con máis da metade do seu persoal de baixa polo que teme que como consecuencia desta situación se mermen  servizos fundamentais como son:

  • o apoio, orientación e asesoramento de tipo psicológico en procesos de violencia de xénero ou orientación na toma de decisións derivada deste tipo de situacións.
  • a intervención social de violencia de xénero
  • a atención xurídica en cuestións relativas a separacións, divorcios, denuncias de violencia, sentenzas incumplidas ..
  • así como a tramitación das derivacións de mulleres vítimas de violencia de xénero aos pisos de acollida que están dentro da Rede Galega de Acollemento.

Estas deficiencias do funcionamento do servizo poderían supor a perda dunha achega da Xunta 45.000 euros. A administración autonómica xa advertiu ao concello, o pasado día 28 de xuño, que tomase unha decisión sen que o bigoberno, tras pasar máis de medio mes, movese ainda ficha.

Para os populares é inxustificable que un servizo esencial como é a Casa da Muller, onde se atende ás vítimas de violencia de xénero, estea nesta situación “ata novo aviso”.

 Non é a primeira vez que o grupo popular denuncia que goberno local non cobre as baixas das traballadoras dos pisos de acollida. De feito recurtouse unha das quendas asignadas para atender nos pisos porque non había personal.

 Política de xestos.-

 Os populares reclaman ao bipartito que deixe de actuar de cara a galería e que tome decisións rápidas para evitar o caos de servizos tan importantes como este. “É indignante e un retroceso que anuncien propostas que presenta como excepcionais cando deberían ser cuestións normalizadas” en alusión aos campamentos que venderon con prazas para discapacitados.

Responder

2 × three =