Cultura

O PP felicita a Paco Nieto pola súa designación como pregoeiro do San Froilán

By 19 Agosto, 2016Agosto 22nd, 2016Sin comentarios

 O Partido Popular agradece aos outros cinco grupos políticos do Concello de Lugo o seu apoio á proposta de que o xornalista lugués Paco Nieto sexa o pregoeiro do San Froilán 2016, como acordou a Comisión de Festas que se acaba de reunir

O Grupo Municipal do Partido Popular trasládalle a súa felicitación ao xornalista lugués Paco Nieto pola súa designación como pregoeiro do San Froilán 2016.

Logo da celebración da Comisión de Festas desta mañá, os populares aseguran que “con esta decisión, garantimos que Lugo terá un pistoletazo de saída das festas non só á altura destas patronais emblemáticas para Lugo senón tamén ao nivel que os lugueses merecen”.

Así mesmo, os concelleiros populares agradecen aos outros grupos políticos o seu apoio á proposta que en días anteriores lles trasladou persoalmente o voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Jaime Castiñeira, tanto á alcaldesa como aos representantes de Lugonovo, BNG, Ciudadanos e ACE.

Por último, os edís populares poñen en valor que “novamente será un xornalista, un home de palabra e de palabras, o que abrirá o San Froilán” nun recoñecemento expreso “a unha profesión imprescindible e sen a cal non se comprendería a democracia”. 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies