O PP explica que se o bigoberno realizase a renovación periódica dos colectores do lixo non terían que pedir que se deixasen as tapas abertas

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular lamentan “a petición á desesperada” realizada por Álvaro Santos para que os lucenses deixen as tapas dos colectores abertas para que non haxa que tocalas, unha medida que deriva dunha falta total de mantemento dos colectores nos últimos anos

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo lamentan o extremo ao que tivo que chegar o goberno local, pedindo aos lucenses que deixen abertas as tapas dos colectores de lixo para así evitar ter que tocar as mesmas e reducir o risco de contaxio do Covid-19, unha medida á que se tivo que chegar “debido á falta total de mantemento” do sistema de recollida do lixo nos últimos anos.

Para os populares esta “petición desesperada” realizada polo concelleiro de Medio Ambiente, Álvaro Santos, é o resultado de que nos últimos anos non se realizou ningún tipo de mantemento nos colectores de lixo da cidade, xa que do contrario “non sería preciso xa que se terían renovado todos os colectores e os pedais dos mesmos funcionarían correctamente”, polo que non sería preciso tocar as tapas.

Desde o Grupo Municipal Popular recordan o desgoberno que hai no Concello de Lugo, primeiro con goberno socialistas e agora cun bigoberno, que seguen a manter o contrato da recollida do lixo nunha situación de ilegalidade xa que caducou hai máis de tres anos, o 31 de marzo de 2017. “Desde entón non fixeron nada por renovar o contrato do lixo, o que os levou a medidas tan desesperadas coma esta, que ademais pode provocar molestias aos veciños polos malos cheiros que poden saír dos colectores”, sinalan os populares.

Responder

1 × one =