CulturaEducación

O PP esixe que de forma inmediata se coloquen os filtros purificadores de aire das aulas da Escola de Música

By 13 Novembro, 2020Sin comentarios

A concelleira popular Beatriz Vázquez critica “o pasotismo do bigoberno á hora de completar todas as medidas sanitarias comprometidas dentro do protocolo Covid” e pide  celeridade para subsanar o material que falta, tal e como figura no decreto de apertura do centro aprobado o 13 de outubro polo bigoberno

A concelleira popular Beatriz Vázquez denuncia que o concello de Lugo “non adoptou todas as medidas sanitarias ás que se compremeteu no decreto asinado o pasado 13 de outubro para garantir os protocolos COVID na Escola Municipal de Música”.

Durante os meses pasados os populares xa lle trasladaron ao bigoberno a necesidade de actuar nas dependencias que ocupa esta Escola “non só tardaron un tempo excesivo en reaccionar, abrindo o curso escolar a mediados de novembro, senón que agora nos sorprenden con que incumpren algúns aspectos como a dotación de filtros purificadores HEPA en aulas. Outro aspecto que preocupa á concelleira Beatriz Vázquez ten que ver coa situación das véntas do corredor e das aulas xa que “ao estar a unha escasa altura supoñen un risco para os alumnos de menor idade” polo que insta a que se coloquen protectores para evitar que se asomen.

Dende o PP tamén solicitan persoal de conserxería no Uxío Novoneyra para a quenda de tarde “co ánimo de que haxa un control das entradas e as saídas do centro”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies