O PP esixe o inicio inmediato do proceso para que Lara Méndez e os políticos do PSOE paguen os 2,5 M€ de indemnización da Fábrica da Luz

O PP, tralo novo varapau xudicial da fábrica da luz condena a pagar ao Concello de Lugo 2,5M€ pola concesión fallida,  esixe que “se inicie de forma inmediata o expediente para reclamar de oficio, e por vía administrativa, a responsabilidade dos políticos socialistas, autoridades públicas responsables neste asunto tal e como se acordou por unanimidade, a iniciativa do PP, no pleno do pasado mes de xuño”

O PP esixe que se inicie d de xeito inmediato o proceso para que os políticos políticos socialistas, que tiveron responsabilidades cando deixaron caducar o permiso de explotación  da fábrica da luz, sexan os que paguen, do seu bolsillo, os 2.5M€ da indemnización que vén de ratificar definitivamente, nas últimas horas, o TSXG.

O popular Antonio Ameijide anunciou esta petición tras coñecerse o último varapau xudicial do TSXG e acolléndose ao acordo unánime do pleno do pasado mes de xuño no que, a instancias do PP, se acordou reclamar que “se inicie de forma inmediata o expediente para reclamar de oficio, e por vía administrativa, a responsabilidade das autoridades públicas políticas neste asunto”.

A intención dos populares é que “os 2.435.332,16 € da indemnización derivada da nefasta xestión da concesión deste servicio a paguen os políticos socialistas responsables e non os lucenses”. Os populares entenden que “esta sentenza é firme xa que só se permite un recurso de casación no caso de que haxa un erro dentro do xuizo, non sobre o fondo da cuestión”.

Os populares lembran como as sentenzas dictaminan que o gobeno municipal é “o único culpable da  frustración definitiva e non subsanable dese contrato foi o Concello” tamén indican que “existiu unha actuación neglixente e que o Concello de Lugo non contestou aos múltiples requerimentos que lle efectuou a Confederación Hidrográfica para a solicitude da prórroga que evitase a caducidade da concesión e a consecuente rescisión do contrato”.

O Partido Popular xa advertiu, hai dous anos, que ían condenar ao Concello de Lugo a pagar esta indemnización millonaria pola desfeita que fixeron na fábrica da luz “primeiro gastan un millón de euros para arranxar o edificio; logo regalan o edificio por un canon ridículo e por último deixan pasar prazo da solicitude da prórroga”. Por último Ameijide lamenta que “logo de 20 anos de gobernos socialistas e nacionalistas a fábrica da luz, situada nun lugar privilexiado, sega desmantelada e sen visos de que albergue novos usos”.

“Dende o Partido Popular presentamos nos últimos anos ata cinco proposicións para desbloquear a situación de abandono que sufre este edificio, pero vostedes sistemáticamente desatenderon as nosas propostas” resumiu.

Leave a Reply

16 − 10 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies