O concelleiro do Grupo Municipal do PP Rafael Pérez sinala que os veciños están cansos de pedir unha actuación nesta zona xa que teñen problemas á hora de acceder as súas vivendas debido a que o firme conta con grandes socavóns e está cheo de grava

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Rafael Pérez, pide ao goberno local que se tomen en serio as peticións dos veciños das Gándaras que piden o arranxo urxente das rúas Papo Rubio e do Galo, dúas vías que presentan unha imaxe “lamentable”.

Rafael Pérez sinala que as queixas dos veciños están máis que fundamentadas, xa que dúas rúas que deberían de contar cun firme nunhas condicións máis ou menos aceptables, vemos que están cheas de grandes fochancas, grava e case sen asfalto.

Ante esta situación, o concelleiro popular reitera a petición veciñal e solicitan unha actuación urxente e inmediata para poder poñer en boas condicións estas rúas e solucionar os problemas que a diario teñen os veciños desta zona para acceder as súas vivendas. “Trátase de dúas rúas de pouca extensión polo que se podería realizar unha actuación nun breve período de tempo polo que se podería realizar o asfaltado en quente, o único que fai falla é vontade de querer arranxalo”, puntualizou.

Leave a Reply

4 − 2 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies