Antonio Ameijide considera “moi grave” o sucedido na madrugada do pasado sábado asegurando que “non cuestionamos que se pinte a sinalización ás noites pero, si poñemos en tea de xuizo que non se dé conta das diferentes actuacións aos servizos de emerxencias e urxencias médicas”

O Partido Popular considera moi grave o sucedido, durante a madrugada deste fin de semana, cando se bloqueou unha ambulancia por mor dunha actuación de repintado en Fontiñas. O vicevoceiro popular  explica que “se ben é normal que se aproveite o horario nocturno para facer este tipo de traballos” o que é “surrealista” é que se pare a un vehículo de emerxencias para que non estropee a pintura, sen dárlle unha alternativa de paso, ou sen un previo aviso que o prevenga para buscar otra vía alternativa.

Dende o Partido Popular esiximos “explicacións e responsabilidades polo sucedido” e ademáis reclamamos que no futuro “o goberno local ofreza, aso servizos de emerxencias e urxencias, unha información diaria tanto dos repintados que se vaian desenvolver coma dos cortes de vías por outros motivos”. “É necesaria unha coordinación exquisita cos servizos de emerxencias para que o tráfico fluía e non se repitan incidentes como o vivido esta fin de semana”, reflexionaba o popular. “No momento que coñecemos toda a información podemos planificar de forma axeitada as rutas e evitar sustos como o desta fin de semana”, resumía.

“Creo que todos coincidimos en que debe haber un protocolo de actuación para que non quede en mans do operario de turno se pode ou non pasar un vehículo” explicaba Ameijide quen criticou que “o bigoberno só se pon as pilas e parece tomar medidas cando ocurren incidentes” lamentando que “sempre vaian a rebufo e sexan incapaces de anticiparse aos problemas”

Para Ameijide “o que ocorreu era visto, xa que hai antecedentes similares co peche do carril peonil da ronda da Muralla onde, en diversas ocasións, os vehículos de emerxencias se viron obrigados a invadir o carril peonil para sortear as colas de tráfico que había”.

No PP reclaman ao bigoberno que se organice o tráfico nos puntos onde haxa repintados ou cortes “para que non se repitan situacións tan inverosímiles como a vivida nos últimos días en Fontiñas” e, nese senso, elevaran un rogo a comisión.

Leave a Reply

19 − thirteen =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies