O concelleiro popular Manuel López esixe á alcaldesa que tome as rendas do concello e que non se agoche tralo BNG de quen depende esta obra que queren deixar incompleta e que motivou unha protesta veciñal

O concelleiro do Grupo Municipal do PP Manuel López reclamou hoxe ao goberno local que “antes de sacar a maquinaria que está traballando na zona do Rego do Espiño asfalte o tramo de 100 metros que, sorprendentemente, non figura no proxecto co obxecto de completar o arranxo deste núcleo”.

O Partido Popular pide á alcaldesa de Lugo que tome as rendas do concello e que non descargue responsabilidades no BNG xa que esta obra depende da área nacionalista de infraestructuras. Deste xeito, Manuel López esixía a Lara Méndez que asumise o mando para que non se repitan cacicadas en obras do rural xa que tanto da se son concelleiros socialistas como nacionalistas “todos eles parecen seguir a piés juntillas o manual do cacique moderno que redactou Liñares, a man dereita dun dos padriños políticos da alcaldesa”.

Dende o Partido Popular din estar preocupados porque “a folla de ruta que marcou neste mandato o bigoberno no rural de Lugo está xerando continuamente conflictos cos veciños”. O popular asegura que nos últimos meses xa hai unha colección de cacicadas que denunciou o grupo municipal como foron os casos de Cardoso en San Mamede dos Anxos e de, Paredes, en Bocamaos onde deixaron sen abastecemento a varios veciños de forma arbitraria ou que se privase a catro veciños de Piugos  do asfaltado en quente dun tramo de 150 metros que “inexplicablemente” non se planificou en ningún dos dous proxectos que hai dos accesos a Pena de Mula e incluso as protestas veciñais da veciñanza de Calde porque se lles discriminaba nos traballos de reparación do firme da vía que pasa polo núcleo.

Os populares visitaban nas últimas horas a obra prevista neste barrio de Piúgos e tras falar coa veciñanza reclaman unha solución  inmediata para as xustas demandas dos residentes nesta zona”.

 

Leave a Reply

seven − 3 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies