O PP esixe ao goberno local que poña en valor o parque do Miño, unha zona totalmente descoidada

By 11 Agosto, 2019 Limpeza, Transparencia

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo lamenta a imaxe que lucenses e turistas levan desta zona, xa que o mantemento e inexistente, chegando a maleza a cubrir por completo a única fonte que hai na zona

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo lamenta a imaxes que se levan moitos turistas e moitos lucenses dunha das zonas máis empregadas para pasear e facer deporte: a zona verde que hai no recinto feiral, xa que as sendas peonís están totalmente descoidadas, os merenderos seguen sen aparecer e agora a fonte está cuberta pola maleza.

Os populares recordan que estamos a un mes de que nesa zona se celebre un dos eventos que máis xente congregan: o Caudal Fest, polo que urxen ao goberno bipartito a poñer en valor esta zona xa que o coidado e mantemento das zonas verdes que hai na cidade é unha competencia municipal. “Os sendeiros desta zona están totalmente abandonados, as zonas verdes descoidadas, o lixo se retira moi de vez en cando, o que se ve nas papeleiras cheas e o lixo polo chan”, afirman os populares.

Ademais, dende o Grupo Popular aproveitan para recordar que dende que se celebrou o ano pasado a primeira edición do Caudal Fest os merenderos non se recolocaron nesta zona, un entorno moi frecuentado polos lucenses e turistas para pasear, facer deporte ou descansar un pouco. Estas infraestruturas se retiraron con motivo do festival e, a día de hoxe, seguen sen estar instaladas na súa ubicación inicial xa que se “tiraron” ao carón do paso soterrado da N-VI, á altura do restaurante San Lázaro.

Responder

5 × 2 =