Zona rural

O PP esixe ao goberno local o arranxo “inmediato” dunha fuga de augas fecais xunto a igrexa de Pías

By 18 Xullo, 2019Xullo 24th, 2019Sin comentarios

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Manuel López, denunciou un novo problema derivado dunha fuga de augas fecais na parroquia de Pías.

Os veciños levan meses sufrindo “os malos cheiros e os vertidos que caen por detrás da igrexa parroquial formando unha charca, están contaminando a zona, e co tempo, por filtración poderían acabar desaugando na A- 6 xerando problemas de seguridade viaria” .

O concelleiro popular recorda que non é a primeira vez que os veciños de Pías teñen problemas derivados do mal funcionamento dun saneamento financiado co Plan E criticando que “esta chapuza socialista provoca fugas de forma permanente”. O ano pasado a fuga foi en Porto de Lugo “tamén aquí un colector de saneamento vertía ao exterior augas fecais. Neste caso tratábase dunha zona moi próxima a varias vivendas e ao regato que pasa por esta parroquia de Lugo”.

O concelleiro popular recordou que a obra do saneamento de Pías “naceu con mal pé”. López explicou que o Concello de Lugo tardou dous anos e medio en poñer a funcionar o saneamento xa que non tiña coñexión eléctrica “esa falta de previsión paralizou o servizo durante ese periodo polo que a instalación puido deteriorarse por estar sen actividade”.

As obras recibíronse en decembro de 2011 e ata o verán de 2014 non estiveron operativas. O custe foi de 576.430€ a maiores dos preto de 100 euros que pagaron os veciños por engancharse a rede.

Manuel López asegura que “hai malestar entre a veciñanza porque o servizo de saneamento funciona mal e porque cada vez que hai fugas o concello tarda unha eternidade en arranxalas”. “Moito nos tememos que non será a última que denunciemos” concluiu o popular.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies