O voceiro do Grupo Municipal do PP Ramón Carballo sinala que Lara Méndez debería de solicitar ao Goberno central que cumpra o suposto compromiso que a rexedora anunciou o ano pasado coa anterior ministra de Xustiza, Dolores Delgado, para que Lugo contase cun novo xulgado do Social

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ramón Carballo, esixe a Lara Méndez que presione ao Ministerio de Xustiza para que conceda a creación do cuarto Xulgado do Social en Lugo, unha dotación que a Xunta de Galicia considera imprescindible para desatascar os xulgados lucenses.

Ramón Carballo pide á alcaldesa que se tome en serio este asunto, xa que “moito nos tememos” que a creación deste cuarto Xulgado do Social en Lugo non é unha opción para o Ministerio de Xustiza, xa que semella que os plans do Goberno central non contemplan a creación de ningunha nova sala en Lugo.

O voceiro popular explica que esta é unha reiterada demanda da Xunta de Galicia e do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debido á gran sobrecarga de traballo coa que contan os xulgados lucenses. Xa o ano pasado o Goberno de Pedro Sánchez deu as costas aos lucenses ao negar a creación dun cuarto xulgado do Social en Lugo, a pesar de que os tres xulgados existentes para os asuntos sociais soportaban unha carga superior ás súas posibilidades, concretamente o modulo de entrada ascendeu ao 148%, cunha media de entrada de 1.181 asuntos, incluídos os de execución. “Falamos de que os tres xulgados dos social de Lugo están desbordados e nin por esas o Ministerio de Xustiza accede a conceder unha reclamación totalmente lexítima”, sinalou.

Isto supuxo un duro revés para o partido xudicial de Lugo, que viu como o Ministerio de Xustiza si que concedía a creación doutros xulgados do Social, como foi o caso de Santiago ou Vigo. E todo a pesar de que Lara Méndez asegurou que desbloqueou a creación deste cuarto xulgado do Social para Lugo nunha xuntanza coa que nese momento era a ministra de Xustiza, Dolores Delgado.

Un compromiso que Lara Méndez se encargou de publicitar a través de todas as canles posibles pero que non se materializou, polo que a Xuntade Galicia este ano solicita de novo ao Ministerio de Xustiza a creación do cuarto xulgado do Social para Lugo, situando este órgano como o de maior prioridade para Galicia. “Lara Méndez debe facer que se cumpran os compromisos adquiridos con Lugo, se é certo que acadou eses supostos compromisos dos que tanto presumiu”, finalizou.

Leave a Reply

one × 2 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies