Zona rural

O PP esixe á Deputación o arranxo da LU-P-2903 debido á perda parcial de asfalto en varios treitos

By 1 Marzo, 2020Marzo 2nd, 2020Sin comentarios

O concelleiro do Grupo Municipal do PP Manuel López explica que esta estrada, que vai a Santa Eulalia de Bóveda, perdeu en moitos tramos parte do asfalto, provocando numerosos baches o que dificulta a circulación aos condutores, polo que se precisa unha actuación inmediata

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Manuel López, esixe á Deputación o arranxo inmediato da estrada LU-P-2903, que vai a Santa Eulalia de Bóveda, xa que se trata dunha vía que en moitos treitos perdeu gran parte do asfalto, polo que a circulación é moi complicada polos baches que apareceron.

Manuel López explica que esta estada une Vilachá de Mera con Santa Eulalia de Bóveda, unha pista moi empregada polos veciños da zona e que presenta un estado lamentable, polo que “urxe” un arranxo inmediato.

O concelleiro popular tamén denuncia a actitude do bigoberno local xa que, pese a que se trata dunha vía de titularidade provincial, “nin se preocupan” de instar á Deputación a arranxar esta vía que discorre polo Concello de Lugo e que dá servizo a veciños do municipio. “Nin Concello nin Deputación fan nada por mellorar as condicións de vida dos veciños do rural, nin sequera se preocupan de asegurar que as estradas que unen as diferentes parroquias se atopen en bo estado de mantemento”, sinalou.

No ano 2006 xa se adxudicará e contratara o asfaltado en quente desta pista desde A Uceira ata Santa Eulalia de Bóveda, pero a Deputación, sen ningún motivo, tirou o proxecto pese a que xa se realizaran as expropiacións e moitas delas xa se pagaran polo que “entendemos” que é a mesma situación que sucedeu coa estrada LU-P-2901 que une a LU-232 con Vilamaior de Negral e que pasa polo Concello de Lugo.

Esta estrada ten tamén outro proxecto, para asfaltar 2,1 quilómetros da variante do Burgo, e a Deputación, pese a aprobalo en pleno, así como o Concello de Lugo, non fai nada por sacar adiante esta “mellora fundamental” para esta vía que ten unha alta perigosidade porque coincide co Camiño Primitivo e, a súa estreitez, hai que engadir os peregrinos, vehículos, maquinaria agrícola…

Manuel López recorda a importancia destas dúas estradas xa que son as únicas vías que dan acceso a todo o Val do Mera, polo que pregunta ao presidente da Deputación “que lle fixeron os veciños desta parroquia para que os trate deste xeito”, porque despois de revisar estas dúas estradas, dos 30 quilómetros dos que constan, “tan só 5 están nun estado aceptable”.

Ademais, o concelleiro popular explica que no cruce da Uceira, os veciños reiteran a necesidade dunha actuación por parte da Deputación xa que todos os anos hai problemas de visibilidade debido á gran cantidade de vexetación que hai, polo que piden que se “limpe periodicamente ou que se instale un espello” para garantir a visibilidade neste punto.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies