O vicevoceiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide argumenta que Rubén Arroxo debe de ser ambicioso e a aprobación definitiva das novas liñas de bus urbano deben de entrar en vigor xa e teñen que acompañarse da posta en marcha de diversas medidas, aprobadas en pleno a iniciativa do PP, para facer o transporte urbano máis atractivo para os lucenses

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo esixen a Rubén Arroxo que agora que parece que dunha vez vai a aprobar as novas liñas de bus nas primeiras semanas de xaneiro, esa aprobación veña acompañada da doutras medidas, aprobadas en pleno a iniciativa do Partido Popular, e que el mesmo apoiou co seu voto.

Os concelleiros populares refírense a medidas como a renovación das marquesiñas ou poñer en marcha os paneis informativos e o SAE. Para os populares, o máis urxente segue a ser a publicidade das novas liñas para que a cidadanía se familiarice con elas e coñeza as novas rutas antes de poñelas en funcionamento.

Para os concelleiros populares a aprobación das novas rutas de bus na cidade ten que acompañarse de medidas que fagan este servizo máis atractivo:

  • Abandonar as frecuencias dunha hora e apostar por frecuencias de entre 10 e 15 minutos
  • Gratuidade para menores de 18 anos, xubilados, pensionistas e persoas con escasos recursos, unha medida que se aprobou no pleno a iniciativa do Grupo Municipal Popular
  • A creación inmediata dunha APP para móbiles con información en tempo real e que permita calcular as rutas
  • Mellora da información nas paradas e marquesinas

Os populares reiteran que se trata de pequenas innovacións que suporán unha revolución para o transporte urbano de Lugo xa que o sistema actual “está anclado no pasado”. “Trátase de facer máis atractivo o servizo, algo para o que tamén se pode estudar a implantación de bonos semanais, mensuais ou anuais, cun prezo reducido, para animar aos lucenses a subir ao autobús urbano”, sinalaron.

Leave a Reply

5 + two =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies