Na comisión de Cohesión Social que se celebrou hoxe o goberno local dixo que “casualmente” a tramitación do expediente se paralizou polo estado de alarma da Covid “que alterou a súa programación”A concelleira popular Carmen López Silva explica que esta ferramenta serve para establecer colaboración entre os corpos de seguridade do Estado e a Policía Local en situacións de violencia de xénero e que hai un acordo plenario, a instancias do PP, do ano 2019

A edil do PP considera unha tomadura de pelo e un engano aos lucenses “as excusas coas que intentan xustificar a súa ineficacia na xestión” indicando “que ademáis do Viogén, tamén segue no aire, dende hai tres anos, a adhesión a Rede de Entidades Locais contra a violencia de xénero así como a Mesa Local, entre outros

Para a popular o “bigoberno é un caradura” xa que “primeiro se escuda en que non fixeron as adhesións a estes protocolos por erros administrativos e, agora, din que á pandemia é a que pón freo ás tramitacións”

Leave a Reply

20 − fourteen =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies