O vicevoceiro popular recrimina á alcaldesa que “arme unha guerra pública cun colectivo de Lugo” e lle pide “que abandone a prepotencia e teña templanza e unha actitude conciliadora” xa que o gremio dos arquitectos están cansados, indignados e moi afectados polos eternos retrasos, sufridos nos últimos anos, na concesión de licenzas e os atrancos nas tramitacións que dependen do Concello

O Partido Popular pide á alcaldesa de Lugo “que  gaste as súas enerxías en axilizar os trámites urbanísticos que se eternizan cando entran no Concello e que se deixe de cargar contra  colectivos que levan anos padecendo a súa falta de xestión”. O vicevoceiro popular Antonio Ameijide lamenta que, unha vez máis, Lara Méndez opte polo camiño de “montar polémicas estériles en vez de traballar para buscar como solucionar o colapso que hai na concesión de licencias en Lugo”.

Estas declaracións xurden logo do enfrontamento público que protagoniza Méndez contra o Colexio de Arquitectos a raíz dunha carta da directiva deste gremio en relación co nomeamento do xefe de servizo. Os populares, sen entrar a valorar este procedemento, consideran que a alcaldesa non está á altura do seu cargo “é impropio que arme unha guerra pública en vez amosar unha actitude conciliadora”.

Para Antonio Ameijide esta posta en escena que acaba de montar a alcaldesa é outro capítulo máis do desencontro que hai entre Méndez e o concelleiro de urbanismo, Miguel Couto, a conta do nomeamento do xefe de servizo. Esta crise interna visualízase co feito de que este edil pase a un segundo plano, e esté practicamente desaparecido da actividade pública e de feito quedou patente o malestar que teñen entre eles no acto de nomeamento do Xefe de Servizo ao que Couto non asistiu.

Leave a Reply

eleven − 3 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies