Cultura

O PP di que o bipartito pon en risco o alumeado do San Froilán por non sacar con anticipación o prego de contratación

By 15 Setembro, 2020Setembro 21st, 2020Sin comentarios

O voceiro popular asegura que se trata dun “neglixencia moi grave da planificación” o que confirma que “dende o minuto un o PSOE e o BNG renunciaron a facer as patronais e arestora pretenden ás presas enmendar a súa incapacidade de xestión”

O Partido Popular alerta que a absoluta falta de planificación do bigoberno podería deixar sen iluminación ao San Froilán e toman como base desta afirmación os propios prazos da licitación que se ven de publicar onte luns ás 14.30 horas.

Segundo o prego de contratación a inauguración dos 54 elementos de iluminación orzamentados en 39.597 € teñen que estar funcionando o venres 2 de outubro. Para os populares cumprir con esta data “de forma legal é imposible polos prazos administrativos que marca o documento”.

No prego de condicións establécese que o día un de outubro se faría a apertura de sobres,  logo na mesa de contratación hai que abrir as propostas e posteriormente elaborar os informes da oferta económica e técnica. Unha vez elaborados os informes a mesa debería reunirse de novo para presentar a proposta de adxudicación do alumeado que se aprobaría na xunta de goberno local. Por último, hai que ter en conta que hai un prazo legal de 15 días para posibles reclamación os nos levaría ter listo o expediente nunha data posterior a celebración das festas do San Froilán.

O voceiro popular puxo esta contratación como un exemplo claro do rotundo fracaso da xestión do goberno de Lara Méndez aclarando que “incluso podería darse o caso de que nin haxa ofertas tendo en conta que as empresas teñen que presentalas por rexistro e se están dando citas  para o 7 octubre”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies