O PP di que Méndez permite que unha empresa explote o aparcadoiro público de Viana do Castelo tras levar 8 anos sen pagar

By 8 Xaneiro, 2019 Accesibilidad, Economía

O Partido Popular desvelou hoxe que a concesionaria do aparcadoiro público de Viana do Castelo adebeda o canon de explotación dende hai 8 anos. Os populares que, diante da inacción do goberno socialista, puxeron en coñecemento esta mañá dos técnicos municipais que esta instalación está aberta e que se anuncia en internet cos horarios de apertura e peche indicando que ten preto de medio cento de aboados fixos. O voceiro popular tirando de ironía manifestou que “se trata dun novo modelo perfeccionado de gorrillas a cuberto  patentado por Lara Méndez”.

Os populares presentarán preguntas en comisión para saber en que situación legal se atopa esta infraestructura e se as respostas non son satisfactorias pedirán a comparecencia en pleno de Lara Méndez para as explicacións oportunas. Ameijide indicou que en caso de que “a alcaldesa alegue descoñecemento ainda é moito máis grave por consentir que se lucre unha empresa privada dunha propiedade municipal”.

Ameijide tamén confirmou que trasladará a documentación deste caso aos servizos xurídicos do PP por si “pudiéramos estar diante dunha presunta prevaricación ou outro tipo de delicto” e que de confirmase se adxuntaría á denuncia penal en curso, que presentou o PP contra a alcaldesa polos contratos caducados, por presunta prevaricación e malversación de fondos públicos.

O voceiro popular lamenta que se repitan situacións deste tipo por culpa do déficit de xestión do goberno socialista “estamos diante dun goberno desnortado e que non sabe o que ten entre mans” engadindo se trata “da enésima neglixencia e falta de control  do goberno socialista coas empresas concesionarias”.

Por último, o voceiro dos populares amosou a súa sorpresa polo absoluto descoñecemento da cidade e das necesidades dos lucenses xa que presume  de deseñar un parking disuasorio de 23 prazas cando descoñece que a 150 metros o Concello ten un aparcamento soterrado de 166 prazas polo non lle pagaron nin un só euro nos últimos 8 anos.

Cronoloxía do aparcadoiro

O voceiro popular recorda a historia desta infraestructura, que se adxudicou á empresa IRCO no ano 1996. Unha concesión que tiña unha duración de 49 anos. No ano 2007 realizouse unha cesión da explotación á empresa VALCOR INVEST S.A., cesión que se formalizou o 23 de xuño de 2008. Esta empresa cumpriu coas súas obrigas durante os anos 2008 e 2009, mentres que en 2010 e 2011 non foi así, polo que en 2012 a tesoureira deu por fallidos os pagos e, dende entón, segundo informacións facilitadas pola área de economía non se pagou nin un só euro.

Responder

eleven + eighteen =