O Garañón

O PP di que Méndez é unha irresponsable por decidir o futuro urbanístico do Garañón sen saber o impacto económico que terá

By 19 Xullo, 2021Sin comentarios

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide tachou de “irresponsable” a Méndez por tomar unha decisión sobre a ordenación urbanística do Garañón sen contar cunha valoración económica que determine cal é a opción menos lesiva para as arcas municipais, con maior zona verde posible e co menor impacto visual. “Este era o espíritu da iniciativa que se votou en pleno no ano 2018 e que todos os grupos políticos excepto os edis do PSOE apoiaron sen fisuras”, indicou.

O vicevoceiro popular que vén de ter acceso ao documento  que fixo a asesoría externa explicou que “carece dun estudo económico que cuantifique canto teremos que pagar polas catro alternativas que se presentan para ordenar urbanísticamente esta zona “no informe que encargou a alcaldesa, e polo que pagou 24.590,12€ por 4 caras, así como nos informes dos técnicos de arquitectura e o xefe de servizo, non se dedica nin unha soa liña, nin unha mínima estimación, do prezo que nos sairán cada unha das catro alternativas que plantexan”, puntulizou Ameijide.

“O caso do Garañón hai que estudalo de forma global e non por partes xa que dependendo da alternativa que se escolla a hipoteca pode ser menor ou maior” reflexionaba Ameijide asegurando que “as decisións hai que tomalas con datos na man e a día de hoxe seguimos sen saber o que nos vai custar a política urbanística a carta que o PSOE de Lugo fixo nas Costas do Parque coas 6 torres de nove pisos que aprobou construir no ano 2005 nestes terreos”.

O informe do propio xefe de servicio pon de relieve que a alternativa que anunciou e escolleu unilaterealmente a alcaldesa, supón que o concello tera que adquirir os terreos privados e asumir o seu coste a través das arcas municipais, pero sen cifrar a canto pode ascenser. Cabe recordad que o promotor xa solicitou máis de 25 millons de euros de indemnización pola licencia ilegal dada polo goberno socialista.

Para Ameijide “por moito que se empeñe a alcaldesa en que son tempos novos debe asumir a herencia envenenada que lle deixou o seu partido e lle pide que non cometa máis erros e llos cargue  aos lucenses”. “Igual de cacicada é dar a licenza ilegal que se deu, que tapala agora cos cartos de todos os lucenses sen preocuparse nin do que vai costar”.

Nese senso o Grupo Popular presentará unha iniciativa esixindo os estudos de custes das distintas propostas que aparecen no informe externo ao que tiveron acceso xa que “temen que a decisión de Méndez sexa unha fuxida cara adiante pensando unicamente en réditos electorais e en agochar a herencia envelenada que nos deixou o urbanismo de amiguetes do PSOE.

O Partido Popular mantén unha postura firme e coherente con este asunto e de feito votou recentemente a favor de liberar unha partida económica para tirar o Garañón e cumprir as 3 sentenzas que declararon ilegal a licenza dada polo PSOE. Sen embargo poñen de relevo que “adoptar unha decisión sobre o futuro urbanístico desta zona non se debe tomar á lixeira xa que, neste caso as repercusións poden hipotecar xeracións futuras: aquí non vale o impulso de querer gañar un titular, hai que ser máis responsable cos cartos e o futuro dos lucenses e menos populista”

Por último, Antonio Ameijide tamén solicitou “luz e  taquígrafos nas negociacións que a alcaldesa dixo que estaba a realizar co promotor xa que non queremos que se repita a historia do que sucedeu cando se tramitou á licenza das torres das Costas do Parque”. Nese senso, os populares preguntan en que punto están as conversas, se houbo reunións ou, en caso contrario, cando ten previsto a alcaldesa manter eses encontros.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies