A concelleira popular Beatriz Vázquez valoraba os datos facilitados na Comisión de Festas asegurando que non comprenden o desembolso de medio millón de euros  “nun sucedáneo de festas reconvertidas en semana cultural que carecía de novidades”

Os populares consideran un despropósito que as festas do San Froilán custasen ao peto dos lucenses 100.000 euros máis que as de 2019 xa que “ainda que se ben somos conscientes de que houbo gastos relacionados co cumprimento das medidas sanitarias debido á pandemia, estos non xustifican este incremento”. “A maiores hai que ter en conta que moitas das actividades que xa estaban consolidadas non se fixeron co que se aforraron cartos”.

A concelleira popular Beatriz Vázquez comparou as actuacións de ambos programas e asegurou que “non hai ningunha novidade cultural, salvo o nome que lle deu o BNG: reconverteron as festas antiguas nunha semana cultural”.

A concelleira popular Beatriz Vázquez tamén foi moi crítica coa xestión das contratacións lamentando que se consolide “de forma permanente” o Manual do caciquismo moderno no tocante ás contratacións a dedo. Deste xeito valoraba a xestión dos contratos do San Froilán onde “tanto a producción como a seguridade das actividades se fixeron vía contratos menores”. A popular afirma que, se tivesen unha mínima planificación, se poderían facer outro tipo de contratos máis vantaxosos para o concello.

Leave a Reply

14 + 15 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies