O PP di que a descoordinación entre concelleiros do PSOE e BNG ralentiza trámites como a devolución dos avais de garantía das obras

By 1 Setembro, 2020 Economía

O vicevoceiro popular explica que os importes que se depositan no concello, cando se fan obras que afectan a vía pública, terían que devolverse nun prazo máximo dun ano e non dos tres que tarda, en numerosas ocasións, o concello de Lugo

O Partido Popular acusa ao concello de Lugo de relaxarse e retrasar durante anos a devolución dos avais de garantía da execución de obras que realizan veciños de Lugo afectando á vía pública cando “a operación debía facerse nun prazo dun ano dende a execución da obra”. O vicevoceiro popular explica que contabilizou varios casos de intervencións realizadas en 2017 a cuxos promotores se lles están devolvendo, ainda hoxe, as fianzas.

Antonio Ameijide indicou que incluso hai casos de veciños que se ven obligados a esixir por escrito a devolución dos cartos dos avais. Nese caso está unha comunidade de propietarios que acometeron unha obra de abastecimiento e tiveron que abrir unha zanxa na beirarrúa polo que  depositaron unha fianza de 177,45 euros o 7 de febreiro de 2019. O 12 de febreiro de 2020 solicitaron a devolución cun escrito que presentaron por rexistro e seguen esperando polo ingreso.

Para o vicevoceiro popular esta situación é froito “da desorganización que hai no concello de Lugo e tamén do sistema de traballo das concellalías que dependen de dous gobernos distintos” lembrando como para devolución destes avais intervén infraestructuras do BNG e urbanismo e economía do PSOE. “Dende que se realiza o informe no servizo de enxeñería ata que se asina o pago polo concelleiro pasa como mínimo mes o mes e medio”.

Ameijide manifestou que a fama de “mal pagador e moroso do concello de Lugo” se ratifica con cuestións como estas onde “se lles racanea aos lucenses a devolución dos avais de obras”.

Leave a Reply

2 × two =