O voceiro do Grupo Municipal do PP Ramón Carballo explica que con esta decisión do goberno local se impide a labor de fiscalización que realiza a oposición xa que non se pode revisar a documentación aprobada en xunta de goberno, polo que agora teremos que agardar a que cada concellería execute os seus programas para poder revisar todo o proceso de contratación

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ramón Carballo, lamenta a decisión tomada onte en xunta de goberno local, por Lara Méndez e Rubén Arroxo, de delegar en cada concellería a decisión de realizar os contratos que estimen oportunos, sen ter que pasar por xunta de goberno local.

Para Ramón Carballo esta decisión vén a referendar o que se leva denunciando desde hai moitos meses desde o Grupo Popular “que o oscurantismo e a opacidade” son os sinais de identidade deste bigoberno. Ata agora, a oposición podía realizar unha labor de control ao goberno, xa que se podía fiscalizar toda a documentación que pasada pola xunta de goberno, pero a partir de agora, “non poderemos saber que contratan e a quen ata que os proxectos ou os programas estean finalizados”.

O voceiro popular explica que, pese a que esta manobra está permitida pola lei, confirma as denuncias dos populares. A semana pasada, tanto PSOE como BNG, votaron en contra de implantar no Concello de Lugo un plan de contratación municipal para mellorar o funcionamento do Concello, acadar un maior rendemento dos recursos tanto materiais como persoais dos que dispón e a igualdade de oportunidades para todos os autónomos e empresas. Unha decisión que se acompaña da non publicación, por parte do goberno local, dos contratos menores do Concello de Lugo (unha medida obrigatoria por lei) e que en certas áreas do goberno local, ata o 92% dos contratos, se adxudican “a dedo”, sen cumprir co código municipal de boas prácticas, que indica que hai que solicitar tres ofertas. “Con estes mimbres semella que están a crear un entramado para burlar a lei e evitar a fiscalización da oposición”, afirmou.

A realidade agora é que o PSOE e o BNG son dúas áreas estancas, “van por libre”, e xa non van a ter que rendirse contas en ningún momento, xa que se saltan a xunta de goberno local. “Sempre o dixemos, en Lugo hai dous alcaldes e podemos atoparnos nos vindeiros meses como cada ala do goberno realice a mesma contratación, polo que podemos atopar contratos que se solapen pola falta de comunicación, duplicando os gastos do goberno máis caro da historia de Lugo”, sentenciou.

 

Leave a Reply

five × 5 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies