O PP desvela que os operarios da brigada de augas teñen que pedir axuda a particulares ante a falta de efectivos e medios técnicos

By 22 Xaneiro, 2019 Obras, Persoal, Transparencia

O concelleiro do Grupo Municipal do PP Ángel Trabada explica que hai varias semanas que na quenda de tarde a brigada de augas conta cun só operario, unha situación prohibida pola lei de riscos laborais, pese a que desde esta brigada comunicaron ao goberno local, con antelación suficiente, a baixa dun dos traballadores municipais

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ángel Trabada, denuncia que ante a situación “límite” que viven os operarios da brigada de augas municipal que, polo desmantelamento levado a cabo polos gobernos socialistas, teñen que solicitar axuda a particulares para poder realizar o seu traballo.

Ángel Trabada explica que desde hai varias semanas, hai tardes nas que hai un só traballador, situación que provoca que non poda realizar o seu traballo xa que necesita a axuda de compañeiros e, sobre todo, porque a lei de riscos laborais impide esa situación.

O popular sinala que nunha das saídas realizadas hai uns días, o operario que se atopaba na quenda de tarde tivo que acudir ao Polígono de O Ceao para cortar a auga trala petición dun particular e, para realizar esa labor, o operario municipal tivo que pedir axuda a particulares nesta zona industrial para poder levantar a tapa de rexistro do punto no que tiña que proceder a cortar a auga.

Para o concelleiro popular a situación desta brigada “xa roza o esperpento” porque que os propios traballadores municipais teñan que pedir axuda a particulares para poder realizar o seu traballo “é o máximo indicativo de que é imprescindible dotar de persoal e medios” a esta e outras brigadas do Concello de Lugo.

Trabada explica que a situación é tan “caótica” que desde o goberno local nin se preocuparon por cubrir a baixa dun operario desta brigada, unha baixa da que tiñan coñecemento con antelación e “nin quixeron botar man das bolsas de emprego”. “Desde a brigada de augas comunicaron a situación con antelación para poder cubrir esa baixa pero, a día de hoxe, seguen agardando por unha resposta do goberno local”, explicou o popular.

Unha situación que se repite noutros departamentos municipais, como a brigada de obras. Ángel Trabada pon como exemplo as gabias abertas na Avenida da Coruña, gabias que se abriron despois de dúas fugas de auga xa resoltas, pero que seguen sen pecharse e “molestando á cidadanía” porque a brigada de obras ten un só operario, polo que é evidente que non pode resolver o problema.

Responder

3 × five =