O popular Manuel López acusa a Méndez “de faltar á verdade” xa que, durante o confinamento de marzo, dixo “que mantería as condicións dos contratos para conservar o cadro de persoal” unha afirmación que se contradice “co que acaba de facer ao non renovar o contrato de dinamización deste servizo nas parroquias do municipio”

O Grupo Popular acusa á alcaldesa de “faltar á palabra dada” xa que pese a que se comprometeu, durante o confinamento de marzo “a manter as condicións de contratos e contra os despidos de empresas que xestionan servizos municipais” acaba de botar á rúa aos oito traballadores que prestaban o seu servizo nos sete centros de día que hai en varias escolas rurais de 7 parroquias do municipio.

O concelleiro popular Manuel López desvelou que a alcaldesa non renovou o contrato deste servizo polo que a consecuencia directa desta decisión, ademáis do despido de 8 traballadores, é que os veciños de San Xoán do Campo, Calde, Coeses, Saa, Santa María de Bóveda, Santa Comba e Rubiás se quedan sen unha alternativa de ocio saudable, e dun espazo de aprendizaxe de novas habilidades para ocupar o seu tempo libre.

Para López esta determinación do bigoberno proba a súa política discriminatoria co rural do municipio xa que “se priva aos veciños e veciñas destas parroquias dun servizo dinamizador e que supoñía un punto de encontro e un espazo no que se levaban a cabo actividades encamiñadas ao desenvolvemento da zona rural”

Manuel López lembra que este contrato dos centros de dinamización de 7 parroquias se formalizou no ao 2018 por un importe de  76.987,67€ cunha duración máxima de 5 anos e posibilidade de prórroga anual. “Fíxose a renovación no ano 2019 pero cando tocaba facer a renovación para os últimos meses de 2020 e 2021 zanxaron o contrato”.

Os populares tamén pedirán explicacións sobre a situación na que estiveron os tralladores do servizo dado que o contrato finalizou o 31 de agosto e os despidos non se fixeron efectivos ata este mesmo luns salientando que os contratados eran persoas con dificultades de inserción no mercado laboral”.

O concelleiro popular asegurou que este é un novo agravio do bigoberno coa zona rural reflexionando “como é posible que nun orzamento de 100 M€ non haxa 70.000 € para este servizo? É eso o que vale para eles a zona rural?”.

Leave a Reply

13 + thirteen =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies