O concelleiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide afirma que a Deputación de Lugo emitiu onte un informe para modificar o convenio de colaboración entre Concello e o ente provincial para ampliar o prazo de execución desta obra, ao constatar que en catro anos o goberno local non foi capaz de poñer a disposición da Deputación os terreos e a documentación necesaria para poder executala

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, critica a actitude de Lara Méndez, cuxa falta de traballo no referente ao desdobramento de Duquesa de Lugo, obrigou á Deputación Provincial a solicitar unha modificación do convenio de colaboración asinado entre ambos organismos para acometer esta obra.

Antonio Ameijide explica que, segundo a propia Deputación, Lara Méndez é a única responsable de que esta obra non estea rematada no prazo previsto (finaliza o 30 de setembro de 2020), dentro de só cinco días. Este convenio, asinado o 30 de decembro de 2016 recollía, entre outros compromisos, que a obra a executaría a Deputación pero que, para poder realizar eses traballos, sería Lara Méndez a que tería que poñer a disposición do goberno provincial os terreos precisos, os permisos e nomearía ao director de obra. “Semella que catro anos non foron suficientes para Lara Méndez para poder cumprir coas súas obrigas mínimas, xa que nin tan sequera entregou á Deputación a acta de comprobación do replanteo”, sinalou.

En cambio, a Deputación si que cumpriu coas obrigas contraídas neste convenio, “ata onde puido chegar”. Explica Ameijide que esta obra, que conta cun orzamento de 1.473.169,66€, xa tiña un adxudicatario para executala, nomeado o 15 de Maio de 2019. “O resultado é que a cinco días para que remate o prazo de execución nin sequera se puxeron a disposición os terreos necesarios para facer a obra”, afirmou.

Ante esta situación, a Deputación viuse na obriga de emitir onte unha proposta relativa á modificación do convenio de colaboración co Concello para ampliar noutros catro anos o prazo de execución do desdobramento de Duquesa de Lugo. “Veremos se outros catro anos son suficientes para Lara Méndez para poñer os terreos a disposición da Deputación”, criticou.

Unha modificación que pode traer consigo o risco de que a empresa adxudicataria dos traballos poida renunciar á execución das obras por mor dos atrasos nos prazos, o que pode provocar que haxa que indemnizar a esta empresa.

O resultado é que Lara Méndez segue a boicotear calquera tipo de obra en Lugo, ata as que ela mesma tenta realizar, xa que se non é capaz de poñer a disposición doutra administración os terreos necesarios para executar os traballos, “como podemos esperar os lucenses que se realicen obras que levamos anos agardando como as rotondas de San Eufrasio ou Alfonso X”.

Leave a Reply

11 + 10 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies