O concelleiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide explica que despois de recibir o aviso de que esta instalación estaba aberta sen ningún tipo de control comprobamos como calquera pode entrar no vello matadoiro de Lugo pese aos riscos que entraña esta dotación abandonada e totalmente desvalixada, algo que sorprende despois de moitos anos solicitando o acceso, desde o PP, a este e outros edificios

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, alerta do perigo que supón o vello matadoiro de Lugo, unha infraestrutura que ata hai pouco estaba pechada, pero que, desde hai unhas semanas, ten as súas portas abertas, polo que “calquera pode entrar nestas instalacións desmanteladas e perigosas”.

Antonio Ameijide, que acudiu ao vello matadoiro acompañado do edil Manuel López, explica que recibimos un aviso de que esta propiedade municipal estaba aberta, polo que decidimos comprobar este extremo. “Cando chegamos comprobamos como as cancelas estaban abertas, algo que foi unha sorpresa, xa que nos últimos anos solicitamos ao goberno local acceso a esta e outras instalacións recibindo unicamente respostas negativas ou silencios”, explica.

Ao entrar no antigo matadoiro, os perigos son evidentes a simple vista. O edificio leva anos abandonado, polo que hai un risco evidente de que se produza calquera tipo de desprendemento xa que a vexetación invadiu por completo o lugar, “podendo debilitar ou danar a estructura do edificio”.

No interior, a imaxe non é mellor. Unha instalación “en moi mal estado” e na que se pode entrar sen ningún tipo de control, pese a que o interior está cheo de perigos, como pozos abertos. “O problema é que o goberno local, e os anteriores, abandonaron por completo esta e outras instalacións municipais, como pode ser a vella EDAR, e co paso do tempo, xa que non se lle deu ningún uso, a instalación degradouse por completo, sen olvidar o saqueo ao que foi sometida”, sinala. Do seu interior desapareceu todo o material que había, como a instalación eléctrica, repostos, cableado para extraer o cobre, motores, fiestras, portas, mobiliario… un material valorado en miles de euros.

Ante esta situación, desde o Grupo Municipal Popular pídese unha actuación parte do Concello de Lugo para recuperar esta instalación, xa que se lle podería dar algún tipo de uso para evitar o seu deterioro progresivo. “Estamos seguros de que algún tipo de uso se lle pode dar, polo que instamos ao goberno local a que estudie as alternativas de uso que se poden dar e que comece coa súa rehabilitación para poñer de novo esta dotación en valor, en lugar de deixalo podrecer como están a facer con esta e outras moitas propiedades municipais”, apunta.

Antonio Ameijide recorda que desde o Grupo Popular xa se pediu en varias ocasións acceso ao informe de catalogación dos bens propiedade do Concello de Lugo para coñecer o estado real da colección de inmobles sen utilidade que ten o goberno local a súa disposición. “En 20 anos, en vez de buscar alternativas para reutilizalos os deixaran abandonar e desvalixar”, finalizou.

Leave a Reply

ten − 2 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies