Infraestruturas

O PP denuncia que unha rúa das Gándaras, reparada hai meses, está xa intransitable

By 28 Xuño, 2016Sin comentarios

O vicevoceiro do Grupo Popular Antonio Ameijide afirma que “a chapuza que fixo o goberno local en Monte Adairo deixa á metade dos veciños desta vía cun acceso cheo de furados, blandóns e gravilla”

Os populares denuncian as desigualdades que o goberno local favorece e pon como exemplo “a chapuza da obra do saneamento e urbanización da rúa Monte Adairo”.

Antonio Ameijide considera “o colmo dos despropósitos” que, nesta vía das Gándaras, mentres uns veciños disfrutan de beirarrúas e un pavimento digno outros veciños, con vivendas situadas na mesma rúa, carezan de beirarrúas e se vexan obrigados a circular por un tramo con buratos, gravilla solta, sumidoiros levantados, blandóns …

O popular explicou que o treito que quedou mal rematado en Monte Adairo forma parte dun proxecto que o Partido Popular incorporou ao acordo dos remanente de xuño de 2013 asinado co PSOE. A intervención nesta rúa, que se adxudicou hai dous anos, tiña un prazo de execución de tres meses pero, en realidade, estivo máis dun ano en obras.

Ameijide explicou que os problemas coa empresa adxudicataria “por incumprimento de prazos e obstrucción e falta de colaboración da administración así como impago a proveedores” motivou que dende o Grupo Popular se reclamase que a brigada municipal concluíse o tramo pendente. Esta actuación levouse a cabo hai oito meses polo que resulta un “insulto” que xa esté intransitable.

Para o edil do PP resulta un agravio comparativo que “a metade dunha vía teña uns servizos de primeira mentres que a outra metade presenta un estado de tan lamentable”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies