Infraestruturas

O PP denuncia que tras medio ano Méndez non iniciou o expediente para pedir que paguen os políticos implicados na fábrica da luz

By 11 Xaneiro, 2021Sin comentarios

Antonio Ameijide pide a socialistas e nacionalistas que reflexionen “para non caer nunha espiral xudicial á conta da estratexia de PSOE e BNG na fábrica da luz” xa que “un erro de cálculo para seguir tapando a súa neglixencia podería custarnos aos lucenses, a maiores da indemnización de 2,5 M€,  o pago de 7.600€ mensuais en concepto de intereses”

O Grupo Popular solicitou o acceso ao edificio da fábrica da luz para comprobar “in situ” como está por dentro o inmoble, así como, o material que se restaurou hai dúas décadas no seu interior. O vicevoceiro popular Antonio Ameijide explicou que “un goberno que presume de transparencia non debería pór ningunha traba para que entremos no edificio”. Nese senso, os populares presentaron no rexistro un escrito solicitando que o vindeiro luns 18 ás 11.00 horas poidan acceder á fábrica da luz agardando que, desta volta, e logo da segunda sentenza xudicial, non nos veten a entrada ao inmoble.Queremos comprobar, en primeira persoa, o estado desta instalación, que xa se atopaba nunha situación deplorable hai anos con boa parte dos elementos da central  nun estado de oxidación avanzado, incluídas as dúas turbinas que están agarrotadas e incompletas”.

Os populares presentan esta petición logo da última sentenza que  condena aos lucenses a pagar unhas indemnización de 2,5 M€ á empresa concesionaria pola neglixencia do goberno local. Neste momento e con dúas sentencias en contra semella que, socialistas e nacionalistas, van seguir dilatando o inevitable e van presentar un recurso de casación diante do Supremo. Esta decisión supón que pagaremos en concepto de intereses de demora case 8.000 € mensuais co que a xuizo do PP “é preciso que o goberno pense ben o que fai e antepoña os intereses xerais aos da alcaldesa e os cargos socialistas implicados”.

Os populares tamén abren outra espita xa que cren que “o bigoberno  non debería renunciar aos dereitos de explotación que perderon os socialistas por non firmar, en tempo e forma, a solicitude de concesión de prórroga, así como por outros fallos na tramitación”. Nese senso instan a que se adopten as medidas necesarias para recuperar á concesión ante a Confederación Hidrográfica.

Antonio Ameijide tamén quere saber se xa se iniciou o expediente para reclamar de oficio, e por vía administrativa, a responsabilidade dos políticos socialistas, autoridades públicas responsables do fiasco da xestión da concesión da fábrica da luz tal e como se acordou por unanimidade, a iniciativa do PP, no pleno do pasado mes de xuño”. Os populares pretenden que sexan os políticos os que paguen os 2,5M€ de indemnización aos que lles condenou a xustiza.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies