Urbanismo

O PP denuncia que trámites urbanísticos que antes eran inmediatos agora se eternizan

By 28 Xullo, 2020Sin comentarios

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide explica que as comunicacións previas de licenzas de obra menor, que antes se asinaban ao momento, agora tardan meses en resolverse “impedindo pequenas reformas en vivendas e negocios e bloqueando, no mellor período do ano para facer estes arranxos, a un dos sectores que máis traballo xenera”

O Grupo Popular denuncia o atasco das comunicacións previas de obra no Concello de Lugo. O vicevoceiro popular Antonio Ameijide explica como “un trámite que antes era inmediato no Concello de Lugo agora se eterniza” e engadía que “as consecuencias son o bloqueo de numerosas pequenas reformas en vivendas e negocios da cidade”. Esta situación de parálise nas comunicacións previas de obra “afecta a moitos lucenses que aproveitan o verán para facer obras de mellora como cambio de carpinterías, de azulexos ou sanitarios, reparacións en canalóns …”

O vicevoceiro popular anunciou que “diante desta preocupante situación” pedirá información polo número de peticións que están sen resolver deste 2020, así como a media de comunicacións que se asinan cada día.

Como proba deste despropósito poñía dous exemplos moi gráficos que reflicte o colapso e o agobio que pasan os promotores no tocante á concesión de comunicacións previas das licencias de obra menor: Unha substitución de cuberta solicitada o 22 de xuño e pagada o 23 está un mes despois gardada nun caixón, cando antes se asinaba no mesmo día. Outro exemplo máis é a petición dunha substitución dunhas ventás nun baixo, solicitada a principios do mes de xuño, e que a día de hoxe seguen sen resolverse.

A tramitación electrónica da que tanto se jactaron socialistas e nacionalistas en vez de facilitar este procedemento, ralentizouno. Ameijide amosou a súa preocupación polo que está ocorrendo con este asunto xa que “estamos a falar dun dos trámites máis comúns que se realiza para pequenas reformas, que pola súa sinxeleza técnica non require proxecto” polo que pediu que de xeito urxente se busque unha solución para recuperar o ritmo habitual do servizo.

Antonio Ameijide ironizaba preguntándose “se este retroceso forma parte do plan para desatascar licencias urbanísticas que anunciou o concelleiro de urbanismo durante o Estado de Alarma para fomentar e dinamizar a economía local”. O popular mesmo reflexionaba que “mal imos por ese camiño”.

Segundo a Lei do Solo de Galicia dentro dos quince días hábiles siguientes á comunicación previa de licencia de obra menor poderá declarar completa a documentación ou requerir que se subsanen deficiencias. Este trámite non é valido para ámbito PEPRI, edificios catalogados ou con algún tipo de  protección e tampouco serve se se precisa ocupación da vía pública para colocación de andamios, colectores …

 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies