O PP denuncia que os “parches” de Lara Méndez non dan solución aos problemas que periodicamente aparecen de novo en Lugo

By 27 Abril, 2019 Infraestruturas, Tráfico

O concelleiro do Grupo Municipal do PP Ángel Trabada explica que hai meses que denunciamos que na unión de avenida Duquesa de Lugo coa rúa Monte Faro había un blandón de grandes dimensións que dificultaba a circulación de vehículos, blandón que se tapou con asfalto, dando unha solución temporal que non evitou que se estea a afundir de novo a rúa

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ángel Trabada, pide ao goberno local a reparación “inmediata” do blandón que hai na Avenida Duquesa de Lugo, no cruce coa rúa Monte Faro.

Ángel Trabada explica que “os parches” que caracterizaron o mandato de Lara Méndez propiciaron “un derroche” en poñer solucións momentáneas aos problemas que xurdiron en diferentes puntos da cidade, problemas que apareceron de novo sistematicamente debido a que non se tomaron as solucións adecuadas.

Neste senso, o popular sinala que o blandón que estivo moitos meses dificultando a circulación aos condutores na unión de Infante Elena e a rúa Monte Faro se “parcheou” cunha man de asfalto, pero como o equipo de goberno decidiu non estudar a orixe do problema, agora vemos que “é a beirarrúa a que se está a afundir”.

Por iso mesmo, Ángel Trabada esixe á alcaldesa que tome as solucións oportunas de xeito inmediato para evitar caídas aos lucenses que empregan a diario esta zona da cidade para camiñar porque o que está claro é que “baixo esta rúa hai un problema que hai que solucionar de inmediato”.

Responder

8 + four =