Zona rural

O PP denuncia que o goberno local tamén vai deixar a varios veciños de Bocamaos sen abastecemento 

By 14 Agosto, 2020Sin comentarios

O concelleiro do Grupo Municipal do PP Manuel López explica que, ao igual que sucede no lugar de Cardoso, cinco veciños do barrio de Paredes, en Bocamaos, quedan sen o servizo de auga corrente xa que as obras que o goberno local está a desenvolver nesta parroquia non contemplan levar o abastecemento as súas vivendas

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Manuel López, desvela como máis veciños das parroquias do rural de Lugo tamén van a quedar sen abastecemento de auga, a pesar de que o goberno local está a facer traballos para levar a auga aos lugares nos que viven.

Manuel López explica que neste caso se trata de cinco veciños de Bocamaos, que ven como as obras de abastecemento pasan por diante das súas vivendas sen darlle a conexión, un caso semellante ao que desde o Grupo Municipal do Partido Popular se denunciou a semana pasada no lugar de Cardoso. “Semella que a alcaldesa e o concelleiro do rural queren aplicar a frase: desta auga non beberás”, sinalou.

Nesta ocasión, os veciños afectados, residentes no barrio de Paredes, realizaron un escrito dirixido ao Concello de Lugo no que solicitan “que a obra de abastecemento se faga extensiva a todo o núcleo (o máis cercano ao entronque está a 150 metros e o máis alonxado a 500 metros), polo que parece de sentido común realizar estas obras agora e que o subministro chegue a todos os veciños de Bocamaos”, polo que serían os únicos veciños que quedarían sen o subministro de auga.

Manuel López explica que “estamos ante unha cacicada máis” polo que se presentará un rogo en comisión para instar ao goberno local a levar o abastecemento a todos os veciños de Bocamaos, iniciativa que se aproveitará para coñecer o criterio que se seguiu para facer esta obra, na que se deixa a cinco casas sen servizo.

Para o concelleiro popular a política que está a seguir o goberno local nas parroquias do rural “é nefasta” xa que a estas “cacicadas” hai que engadir o criterio que seguen para a resolución de licenzas, xa que semella que en ambos casos “séguese a vontade do concelleiro de turno”. “Algo ten que cambiar no goberno local no que atinxe ao rural, porque estamos a comprobar como vamos a cacicada por semana e non se pode permitir”, sentenciou.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies