EconomíaTransparencia

O PP denuncia que o gasto de publicidade e proganda da alcaldía multiplica por 15 os gastos de promoción do turismo en Lugo

By 25 Novembro, 2019Sin comentarios

O vicevoceiro popular considera un disparate que tan só se consignen 10.000 € “para publicidade e propaganda do turismo de Lugo” cando polo mesmo concepto, na partida do gabinete de alcaldía, se reservan 150.000 € “para autobombo e promoción persoal da alcaldesa”

O vicevoceiro do Grupo Popular alerta que o bigoberno vai gastar máis en autobombo da alcaldesa que en promocionar o turismo de Lugo. Antonio Ameijide explicaba que en gasto de publicidade e propaganda do gabinete de Méndez están reservados 150.000 €, mentres que, en publicidade e proganda de turismo tan só hai consignados 10.000 €

O popular tamén aludía á partida global de Cultura na que pasan de 1.315.981 a 1.359171 polo que só se observa un incremento de 45.000 €. “Os 45.000 € que aumentan na partida nin chegan para pagar un par de meses de electricidade do novo auditorio” razoaba o vicevoceiro dos populares. “É un sin sentido que non haxa partida específica para o novo auditorio pero, sen embargo, se hai para o Gustavo Freire e, curiosamente, a incrementa neste exercicio pasando dos 11.200 aos 15.500 €”.

Para os populares chama a atención a rebaixa en 1.7M€ da partida de Promoción de Emprego, que pasa de 10M€ a 8,3M€, destacando tamén o feito de que se conxelen a partida emerxencia social en 270.000 € . Outra cifra que destacou o vicevoceiro popular é que “tanto para policía como para protección civil redúcese en 200.000 € o presuposto de gastos”. Ameijide explicaba que hai necesidades que demandan ambos colectivos como dotar dun novo furgón de atestados.

Dende o PP tamén consideran que o bipartito ten un desinterese absoluto na defensa contra incendios forestais xa que a partida que hai é insuficiente tendo en conta que o municipio ten unha ampla extensión de zona rural xa que só figura unha partida de 100.000 €, dos que 80.000 € son para gastos de persoal e vestiario”. “Nin orzamentan recursos propios e tampouco piden as brigadas que ofrece a Xunta”, reflexionaba Ameijide.

O popular tamén advertiu que “os primeiros orzamentos deste bipartito tamén incrementan a presión fiscal sobre os lucenses porque prevén incrementar ingresos por multas de tráfico (cun aumento de 500.000 €) ou duplican as previsións por retirada de vehículos (pasando de 60.000 a 140.000 €)”. Antonio Ameijide tamén salientou que PSOE e BNG renuncian de forma “expresa” a implantar calquera sistema de rotación ou alternativo á ORA xa que “tendo en conta que a previsión de ingresos é cero” interpretamos que a súa idea é condenar a Lugo a seguir sufrindo as consecuencias de carecer dun modelo de mobilidade axustado ás necesidades dos veciños “seguiremos perxudicando ao comercio e seguiremos sufrindo os problemas de aparcamento”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies