Urbanismo

O PP denuncia que o Fogar do Transeúnte funciona sen autorización de inicio de actividade que garanta a seguridade dos usuarios

By 18 Maio, 2017Sin comentarios

O voceiro do PP Jaime Castiñeira sospeita que hai máis edificios municipais abertos que incumpren este trámite polo que “pide ao goberno local que presente un informe no que se verifiquen cales cumpren a normativa vixente e cales non ”

O Grupo Municipal do Partido Popular alertou sobre a situación de “irregulariedade” na que está o Fogar do Transeúnte situado na rúa Deputación xa que este edificio, propiedade do Concello, carece da autorización de inicio de actividade. O voceiro dos populares explicou que esta situación destapouse a raiz da encomenda de xestión que realiza Evislusa na que segundo informou está a acometer os traballos de elaboración de documentación técnica que permita obter autorización de inicio de actividade do albergue municpal (fogar do transeúnte)”.

 Jaime Castiñeira considera “unha irresponsabilidade e un atrevemento” que o fogar do transeúnte funcione nunhas instalacións públicas sen licenza xa que “se se rexistra un incidente ou accidente o seguro de responsabilidade civil, contratado polo Concello, non cubriría os danos ademáis da responsabilidade penal en que podería incorrer a alcaldesa”  matizando que “o fogar do transeúnte é unha dependencia na que se da aloxamento e manutención a  unhas 2.000 persoas ao ano”. Os beneficiarios deste servizo son persoas que, sen estar empadroadas nin ter residencia en Lugo, atópanse en situación de desarraigo ou sen recursos económicos; persoas sen fogar, sen domicilio e sen recursos económicos; persoas que sufrirán algún tipo de catástrofe persoal ou civil, ou menores acompañados ou en situación de emerxencia.

Tras destaparse que o Fogar do Transeúnte adolece deste trámite o Grupo Popular solicitou ao goberno socialista que aclare cantos edificios municipais están nesta mesma situación “pediremos que se elabore un informe que detalle se as instalacións municpais  que hai abertas no municipio se adaptan á Lei e tamén que verifiquen se se cumpren as condicións de seguridade ou a normativa relativa ao uso para as que están destinadas”.

Castiñeira considera “un fraude aos cidadáns que o goberno obvie estes trámites mentres que a eles se lles esixe un estricto cumprimento. O concello debe ser unha referencia de boas prácticas e non un mal exemplo”.

O voceiro popular puxo de manifesto que o grupo popular xa advertiu de irregulariedades noutros edificios municipais “en maio de 2014, denunciamos que a reforma que se fixo no edificio administrativo da Ronda da Muralla tivo, durante 4 anos,  a instalación eléctrica ilegal”. O popular explicou que nesa reforma se incorporaron novos elementos que precisaban dunha maior potencia, como, entre outros, a cortina de aire do acceso principal ou o elevador da entrada o que supuxo unha penalización ao Concello por consumir máis potencia que a que tiña contratada.

Xa máis recentemente os populares puxeron en tea de xuizo a legalidade da instalación eléctrica da Praza de Abastos. Castiñeira indicou que o goberno socialista “tan só confirmou verbalmente de que o ascensor interior da Praza está dado de alta en Industria pero non souberon concretar cal é a situación do resto da instalación eléctrica do edificio excusándose en que non hai técnicos que informen do proxecto eléctrico, dende 2015”. O popular ironizaba matizando que “a disculpa é pouco crible xa que esta situación é froito  do desmantelamento dos servizos electromecánicos que forzaron, nos últimos anos, os socialistas”

Nese senso, Castiñeira recriminou que os socialistas non responderan ás preguntas formuladas sobre este último caso nas que solicitaba información sobre os proxectos de legalización e autorización da instalación eléctrica.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies