O vicevoceiro popular Antonio Ameijide explica que nas propostas de gastos de “O que queda de verán”, “Tarde, Tardiña”, “Reencontros musicais” e “Facela” dos 27 contratos realizados “tan só en un se pediron tres ofertas tal e como se require no código de boas prácticas municipal “para evitar abusos como os que se están a producir no departamento de cultura”.

O vicevoceiro popular denuncia que o BNG adxudicou “a dedo” 27 actuacións teatrais, musicais, recitais enmarcadas dentro das actividades que se desenvolveron entre os meses de xuño a setembro nos programas “O que queda de verán”, “Tarde, Tardiña”, “Reencontros musicais” e “Facela”.

Antonio Ameijide explicou que os nacionalistas incumpriron o Código de boas prácticas do Concello no que se sinala que “se deberán pedir tres ofertas para os contratos menores co ánimo de evitar abusos como os que se están a dar no departamento de cultura”. O popular matizou que semella que para o BNG “parece importarlle máis a afinidade política que a calidade do grupo”.

O vicevoceiro popular explicou que nas propostas de gastos analizadas de todo este paquete de actuacións veraniegas tan só en unha, das vintesete, se pediron tres ofertas e “curiosamente” foi para o deseño e impresión da cartelería de “O que queda do verán” o resto das contratacións fixéronse elixindo a dedo.

Ameijide manifestou como curiosamente seguen figurando como unha das grandes beneficiarias da axenda cultural lucense Urdime Sociedade Cooperativa Galega, cuxa responsable foi número 2 do BNG no concello de Cerceda.

O popular recriminou que “Lugo sega tendo déficit importante de transparencia e que estas prácticas opacas deberían ser algo excepcional”. “Creo que a alcaldesa de Lugo debería tomar cartas no asunto porque xa se está convertindo nun tic habitual aplicar as tácticas do caciquismo moderno nas contratacións”, resumiu Ameijide.

O popular lembrou como Lugo é a única cidade de Galicia que non publica a información dos contratos menores incumprindo a lei e, reflexionaba que, parece que non quere enmendar a súa actitude xa que “no último pleno votou en contra de cumprir a ley de transparencia e de contratos”.

Leave a Reply

5 × 2 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies