O PP denuncia que Méndez e Arroxo privatizan, no primeiro ano do mandato, o servizo de augas

By 24 Maio, 2020 Obras, Persoal

Os populares recordan a PSOE e BNG que “o desmantelamento e falta de medios da brigada de agua, que agora poñen como disculpa para privatizar o servizo, foron consecuencia da política de externalizacións de 20 anos de gobernos socialistas”

O Partido Popular pregúntanse “ata onde vai chegar o furor privatizador da alcaldesa e o vicealcalde de Lugo” recriminándolles que “en vez de poñer coto ás externalizacións continúen asfixiando servizos como o de augas”. Deste xeito reaccionaba o voceiro popular tras coñecerse que Lara Méndez e Rubén Arroxo van a privatizar a atención das avarías na rede de auga.

Para Ramón Carballo a privatización do servizo que atende ás urxencias como reventóns de tuberías ou cortes de auga “agocha a política de desmantelamento, seguida nos últimos 20 anos, polos gobernos socialistas: conseguiron desmantelar brigadas como a de aguas que funcionaba perfectamente ou a dos electromecánicos, a brigada de saneamento …”. O voceiro popular reflexionaba “a alcaldesa socialista prefire privatizar os traballos extraordinarios antes que reorganizar o servizo municipal e antes de pagar horas extra a actual plantilla”

Os populares aclaran que “en canto á brigada de augas a situación é ainda máis rocambolesca, hai unha decena de traballadores aos que o goberno local se nega a pagárllelas gardas que lles deben hai anos, e tamén néganse a que presten servizos ou gardas localizadas pero, sorprendentemente, non lles doe en prenda gastar 121.000 euros para privatizar unha parte do servizo”. Carballo explicaba que “por menos de 60.000€ ao ano, en concepto de plus de disponibilidade, gardas 24 horas e horas extra, os traballadores deste servizo prestarían o servizo” lamentando que “desprecen esta alternativa e prefiran gastar o dobre contratando a unha empresa que non coñece ao detalle a rede de auga como estes operarios”.

O voceiro popular concluía “Lara Méndez segue os costumes do caciquismo moderno implantado no concello de Lugo, desmantelando todos os servizos municipais, para contratar a empresas que fagan o mesmo que os traballadores municipais que xa temos, pero ao triplo do custe”.

Responder

18 + three =