O PP denuncia o “lamentable” estado no que se atopa a ‘pista do Cuco’, en Conturiz, e pide o seu arranxo inmediato

By 13 Abril, 2019 Tráfico, Zona rural

O concelleiro do Grupo Municipal do PP Manuel López denuncia que os veciños xa pediron en numerosas ocasións o arranxo desta pista, pero ata o momento o goberno socialista non deu solución a súa demanda, pese a que non hai moito que se enviou á brigada do rural a esta parroquia para arranxar diversas incidencias

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Manuel López, denuncia o “nefasto” estado que presenta a pista do Cuco, na parroquia de Conturiz, un camiño empregado moito polos veciños da zona e que se atopan nunhas condicións que complican moito o paso de vehículos, ademais de ser unha pista “fundamental” para os veciños, xa que é o único acceso que teñen nesta zona.

Manuel López “non ve normal” que unha pista que ten un tránsito tan alto de vehículos e que mide uns 100 metros non se arranxe para dar solución ás demandas dos veciños de Conturiz. A imaxe deste tramo de estrada é “lamentable”, con moita grava solta e fochancas, e que se podería solucionar con algo tan sinxelo como un “aglomerado”.

Por iso, o concelleiro popular urxe ao goberno socialista de Lugo a arranxar esta situación canto antes para evitar máis molestias aos usuarios desta vía e veciños da zona, sobre todo se temos en conta que non hai moito tempo que se enviou á brigada da zona rural a esta parroquia a solucionar diferentes incidencias e se deixou esta pista “sen tocar”. A única explicación para Manuel López é que os socialistas “arranxan os problemas que lles presentan os seus amigos, mentres que se esquecen dos problemas do resto de cidadáns”.

Responder

19 − seven =