Servizos xeraisTransparencia

O PP denuncia o fraude da administración electrónica no Concello de Lugo ao non poder realizar ningunha xestión telemática na práctica

By 17 Abril, 2021Abril 18th, 2021Sin comentarios

A concelleira do Grupo Municipal do PP Sagrario Sánchez fai públicas as queixas de moitos lucenses, desesperados por non poder rexistrar de xeito telemático ningún documento, xa que ao realizar o trámite sempre aparece a mesma mensaxe: “produciuse un erro ao rexistrar a solicitude, ténteo máis tarde”

En pleno século XXI cando se poden realizar todo tipo xestións a través dos ordenadores, smartphones ou mesmo tamén con reloxos intelixentes, o Concello de Lugo segue a quedarse atrás, xa que a través do portal web da administración lucense non se pode realizar ningún tipo de xestión administrativa de forma integramente telemática.

A concelleira popular Sagrario Sánchez denuncia que nas últimas semanas foron moitos os lucenses que se puxeron en contacto con diversos edís populares para queixarse desta situación, máxime tendo en conta que o pasado 2 de abril entrou en vigor, de xeito completo, a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, despois de conceder varias prórrogas as diferentes administracións para que se adaptaran á administración electrónica.

Dende o pasado venres o Concello de Lugo ten que ter en funcionamento o rexistro electrónico, o rexistro electrónico de apoderamentos, o rexistro de empregados públicos habilitados ou o arquivo único electrónico, entre outras ferramentas.

Pero a realidade que vemos é que é imposible realizar calquera xestión a través do portal web do Concello de Lugo. Como exemplo, pode poñerse a un lucense que se puxo en contacto co grupo popular ante a imposibilidade de rexistrar de xeito telemático a domiciliación bancaria do imposto de tracción mecánica do seu vehículo. Este lucense aseguraba que tras realizar todos os pasos sempre finalizaba o proceso cunha mensaxe de error, unha circunstancia que se comprobou dende o Grupo Popular en diferentes ocasións obtendo o mesmo resultado: “produciuse un erro ao rexistrar a solicitude, ténteo máis tarde”. O problema non radica nun erro puntual, se non que esta incidencia permanece no tempo, xa que hai usuarios que despois de tres días tentando rexistrar un documento ou unha solicitude se viron na obriga de pedir cita nalgún dos rexistros presenciais das diferentes administracións para poder presentar as súas solicitudes.

Incluso, o único procedemento que se pode realizar na actualidade carece completamente de sentido, xa que soamente permite descargar formularios para, posteriormente, presentalos no rexistro xeral, “algo que está moi lonxe do que é unha administración electrónica real”. “Non hai trámites como o padrón, alta no servicio de augas ou calquera tramitación sinxela que non se poden facer de xeito íntegro dende a casa”, sinalou.

Sagrario Sánchez sinala que este goberno local tivo tempo suficiente como para adaptarse ás esixencias da administración electrónica, pero o único que queda claro é a súa “inoperancia, pasotismo e desinterese na administración electrónica, que aboca aos lucenses a que procedementos que poderían resolverse de xeito inmediato dende un ordenador se eternizan”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies